ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino concede 96.000 € en axudas a distintas asociacións e entidades locais

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de enero de 2025 a las 17:47

Compartir
  • A Banda de Música de Arca contará con 14.500, a ANPA co CPI Camiño de Santiago e o CD O Pino recibirán 8.000 euros

O Pino. 29-1-2025.- O Concello do Pino reserva este ano máis de 94.000 euros para axudas e subvencións destinadas aos colectivos e asociacións veciñais tanto para a realización de actividades como para investimentos. Ao igual que en anos anteriores, as partidas máis importantes están destinadas para colaborar coa Banda de Música de Arca (14.500 euros), coa ANPA do CPI Camiño de Santiago (8.000 €) e co CD O Pino (8.000 euros).

O equipo de goberno dirixido por Manuel Taboada contempla tamén nos orzamentos municipais unha partida de 36.400 euros para colaborar coas trece igrexas do municipio, que poderán recibir un máximo de 2.800 euros cada unha, e outra de 13.000 euros para axudarlle a todas as comisións de festas a organizar os festexos parroquiais. Neste último apartado, o Concello prevé tres subvencións nominativas para colaborar coas comisións de festas do San Pedro, do Corpus de Arca e da Madalena de Castrofeito, cada unha das cales recibirá 1.650 euros.

A ANPA Cativos, da escola infantil A Galiñas Azul poderá recibir unha subvención de 2.000 euros e o propio CPI Camiño de Santiago outra de 1.150 euros.

O regulación da concesión destas subvencións nominativas e a súa xustificación adaptarase ao Plan Extratéxico de Subvencións do Concello do Pino, que foi aprobado recentemente. Cada unha das entidades ou colectivos beneficiados por estas axudas que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local deberá cumprir os requisitos establecidos no plan estratéxico para recibir as achegas estipuladas.

Con todas estas partidas, que en conxunto ascenden a 88.000 euros, o Concello do Pino “quere colaborar con aqueles colectivos municipais que están organizando actividades de diferentes tipoloxía ou conservando o patrimonio”, sinala o alcalde. Manuel Taboada Vigo resalta que este ano o concello decidiu incluír nas axudas nominativas as igrexas parroquiais e as comisión de festas, “para que as respectivas directivas ou responsables de cada colectivo sepan xa dende principios de ano coa axuda que poderán contar. Deste xeito, dende o Concello podemos contribuír a estabilizar a economía destas asociación e colectivos tan importantes para o noso municipio”.

Concorrencia competitiva

Ademais das subvencións nominativas, o Concello ten reservados outros 8.150 euros para a distribución en axudas de concorrencia competitiva.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os requisitos para optar a algunha destas axudas especificaranse nas bases que rexerán na súa convocatoria específica, que se farán públicas no momento oportuno. A modo de exemplo, no exercicio 2024 o Concello do Pino reservou 3.000 euros para axudar aos estudantes universitarios ou de ciclos formativos de grao superior que se tiñan que estudaban noutras localidades. Outros 5.000 euros estaban contemplados en axudas para asociación ou colectivos de diferentes tipoloxía: veciñais (ata 1.400 euros), culturais (ata 2.500), deportivas (ata 3.000 euros), ou de patrimonio (ata un máximo de 2.500).

Etiquetas

o pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago