ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O Pino celebra a súa Carreira Popular o domingo 21 de setembro

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de septiembre de 2025 a las 21:08

Categoría Sub-10

Compartir
  • Na categoría absoluta as persoas participantes deberán percorrer 8 quilómetros e os menores de 6 anos uns trescentos metros
  • Haberá trofeos para os e as tres primeiras de cada categoría
  • Os escolares recibirán unha medalla

O Pino. 3-9-2024.- O Concello do Pino organiza o domingo 21 de setembro a vixésima edición da Carreira pedestre popular, que terá un percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 340 metros para menores de seis anos. A primeira saída darase ás 10.00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta. Recibirán trofeos os tres primeiras persoas clasificadas en cada unha das categorías e medallas para os nenos e nenas das categorías escolares.

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao XI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.

Na XX Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23.59 horas do mércores 17 de setembro. Será gratuíta para categorías escolares (de Sub-6 a Sub- 18) mentres que nas categorías de adultos (de Sub-20 a máster) deberán 5 euros. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) ata 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición (neste enlace).

A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12.10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categorías, agás na categoría Sub-6 (neste non haberá clasificación nin premios).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tamén haberá trofeo para o primeiro e a primeira atleta local empadroados no concello do Pino das categorías escolares (de Sub-8 ata Sub-18), entre outras premiacións. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.

Etiquetas

carreira populardeporteso pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete