ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar por 660.000 euros anuais

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de septiembre de 2025 a las 23:04

Compartir
  • A empresa continuará coa axuda a domicilio durante o vindeiro ano, coa posibilidade dun ano máis de prórroga
  • O Concello deberá pagar a 23,46 euros a hora en días hábiles e sábados; a 25,82 os domingos e festivos, e a 24,81 €/h o servizo de libre concorrencia
  • Prorrogado un ano o servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria coa empresa SOL cun importe de 149.000 euros
  • O Pleno aprobou tamén a modificación das taxas de licencia urbanística e a de dirección de obra       

O Pino. 24-9-2025.- O Pleno do Concello do Pino aprobou hoxe adxudicar á empresa Espertar Servicios Sociais o Servizo de Axuda no Fogar do municipio durante un ano por un importe que supera os 660.000 euros para un máximo de 28.000 horas de atención ás persoas vulnerables do municipio. Na sesión tamén se acordou prorrogar por un ano máis o servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria coa empresa SOL (Servicios, Obras y Limpiezas) cun orzamento de 149.208,38 euros. A Corporación tamén aprobou a modificación das taxas de licencia urbanística e a de dirección de obra.

A sesión comezou gardando un minuto de silencio polos crímines que hai en Gaza e noutros conflitos armados en todo o mundo.

A partir do 1 de xaneiro de 2026, a empresa Espertar Servicios Sociais seguirá encargándose do Servizo de Axuda no Fogar do Concello do Pino un ano máis, despois de que a Corporación do Pino ratificase a proposta da mesa de contratación de adxudicarlle o SAF por ser a oferta máis vantaxosa para o Concello.

O Pino reserva 666.407,80 euros anuais para o Servizo de Axuda no Fogar, no que se contemplan un máximo de 28.000 horas anuais de atención ás persoas máis vulnerables do municipio nas modalidades de axuda no fogar a través da Lei de Dependencia ou a través da libre concorrencia. “Este prezo supón para os orzamentos do Concello un incremento o vindeiro ano de 179.595,66 euros respecto da adxudicación que fixemos en 2023, o que representa un incremento do 36,89% de incremento en dous anos, cando o SAF non é un servizo de competencia municipal”, asegurou o alcalde. Manuel Taboada tamén adiantou que a Xunta ten previsto subir a súa aportación dos 12 euros actuais aos 16 euros en 2026, o que representa só un 33,33% de incremento, inferior ao que debe afrontar o Concello”, asegurou.

“Agardo que Xunta e Goberno central se poñan de acordo dunha vez para financiar este servizo como recolle a Lei de Dependencia, porque senón van acabar afogando aos concellos. O SAF xa é o servizo máis caro que temos licitado no Pino, sen ser de competencia municipal”, afirmou Taboada

A oferta presentada por Espertar Servicios Sociais na licitación do SAF inclúe a atención no servizo de dependencia en días hábiles e sábado a un coste de 23,46 euros a hora (ata o de agora pagábase 20,28), que se eleva ata os 25,82 euros/hora en domingos e festivos (20,80 € actualmente). A oferta para a atención no sistema de libre concorrencia ascende a 24,81 euros/hora (agora 21,45 €), en todos os casos co IVE xa incluído.

A mesa de contratación tamén valorou positivamente as melloras en subministro de axudas técnicas que presentou a empresa adxudicataria: 6 camas, 6 grúas, 6 cadeiras de rodas 3 cadeiras sen rodas, 2 colchóns, 3 asentos e 5 limpezas de choque anuais.

Taboada explicou que os prezos que se sacaron a licitación foron axeitados a situación do mercado. “Ninguén impugnou os pregos e houbo 6 empresas que se presentaron a licitación, cando noutros concellos queda deserto”, asegurou Manuel Taboada.

O punto foi aprobado cos votos a favor do PP (6) e a abstención de BNG (2) e PSdeG (2)

Na sesión de hoxe, a Corporación ratificou por unanimidade a proposta de renovar por unha anualidade o servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria coa actual concesionaria, a empresa SOL (Servicios, Obras y Limpiezas), o que suporá un importe de 149.208,38 euros

Modificación de ordenanzas

O pleno da Corporación tamén debateu hoxe a ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos de dirección e obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras, que se aplicará naqueles casos nos que os técnicos municipais teñan que desempeñar estas funcións a solicitude dos promotores de obras.

No caso de dirección de obras a cargo dos servizos técnicos municipais, ou contratada polo Concello, o promotor da obra deberá pagar unha taxa do 3,35% do orzamento de execución. No caso da coordinación en materia de seguridade e saúde, a taxa será do 0,85% sobre o orzamento. En ambos casos, esta taxa non inclúe os impostos.

Tamén por unanimidade aprobouse modificar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por licencias urbanísticas, que pasa a incluír un quinto apartado. Tras a aprobación de hoxe a ordenanza contempla as seguintes porcentaxes:

O 2,5% do custo real e efectivo da obra civil de tratarse de movementos de terra, obras de nova planta e modificación de estruturas ou aspecto exterior as edificacións existentes. O 1% do curso real e efectivo da vivenda, local ou instalación de tratarse de primeira utilización dos edificios ou a modificación do usos destes. O 2% do valor asignado ós terreos e construcións no IBI nos casos de derrubamentos de construcións. 30,05 euros por metro ou fracción de carteis de propaganda na vía público, e 63,15 euros por tramitación do expediente de segregación ou parcelación urbanística.

O alcalde, Manuel Taboada, destacou que a nova taxa da segregación de parcela supón un aforro importante para a veciñanza, “ao pasar a ter un prezo fixo de 63,15 euros cando ata o de agora se pagaba o 2% do valor catastral que o Ministerio de Facenda lle asignada á parcela”.

Estas ordenanzas someteranse agora a exposición pública.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No apartado de rogos e preguntas, BNG e PSdeG interesáronse pola situación do transporte público para o alumnado que estuda en Santiago, ao detectar algunha deficiencia os primeiros días de clases. Manuel Taboada  explicou que algún alumno non puidera coller o transporte público porque os buses viñan cheos, pero que despois de falar coas familias e coa Dirección Xeral de Mobilidade non volveu ter coñecemento de ningunha incidencia.

Etiquetas

o pinoservizo axuda ao fogar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago