ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O Pino abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas e nas actividades para maiores

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de septiembre de 2025 a las 16:51

Compartir
  • As novidades do curso 2025-2026 son o xadrez para escolares e os circuítos funcionais, os bailes e a incorporación de hipopresivos nas clases de pilates para adultos
  • As inscricións están abertas ata o 10 de outubro

O Pino. 8-9-2025.- O Concello do Pino pon en marcha desde hoxe, luns 8 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas Municipais e nas actividades deportivas destinadas a persoas adultas e maiores durante o curso 2025-2026.

A veciñanza poderá formalizar a matrícula ata o 10 de outubro, tanto de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello como a través da plataforma en liña habilitada polo Concello (https://appreservas.com/reservas_galileo/6703f99c7fdbe8005f8c45c4), aínda que nesta última opción só estará dispoñible para usuarios que se inscriban nunha única actividade. No caso de apuntarse a varias actividades, de pertencer a unha familia numerosa ou de aplicar algún desconto, será preciso acudir presencialmente ao departamento de Deportes ou contactar directamente co Concello para completar correctamente a inscrición. O horario de atención é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.

A oferta deste ano inclúe novidades tanto nas escolas deportivas como nas actividades para adultos e maiores. Para a rapazada, ademais das disciplinas habituais, introdúcese a práctica do xadrez, que se suma a actividades como patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, baile moderno, bádminton, multideporte e fútbol sala. As clases para escolares desenvolveranse nos polideportivos municipais de Reboredo, no centro escolar, e de Lameiro, así como en horario especial de conciliación de 15:30 a 16:30 horas, que contan tamén coa financiación do Concello pero se organizan a través da ANPA do CPI Camiño de Santiago. O programa espallarase ata o 31 de maio.

A maioría das clases terán horario de tarde de luns a venres salvo ximnasia rítmica, que volve ter programadas dúas hora os sábados pola mañá, de 10.00 a 12.00, en Lameiro, segundo o grupo de idade.

O prezo será de 40€ anuais por actividade para menores empadroados e de 60€ para non empadroados. O segundo e sucesivos irmáns así como a realización de máis dunha actividade contarán cunha bonificación do 50%.

Novas propostas para as persoas adultas

Para as persoas maiores de 16 anos, a programación tamén se amplía con propostas innovadoras. Este ano inclúense circuítos funcionais, clases de bailes de salón e latinos, e nas sesións de pilates incorporarase unha parte de hipopresivos. Estas actividades desenvolveranse no polideportivo de Lameiro, agás pilates e ioga, que se impartirán no Centro Sociocultural Luis Seoane, ata o 30 de xuño.

Mantense o prezo de 55€ anuais por actividade para empadroados e de 75€ para non empadroados, aplicándose a metade na segunda actividade e sucesivas. Ademais, disciplinas como zumba, GAP e circuítos de forza continuarán formando parte da oferta deportiva habitual.

Programa de Envellecemento Activo

O programa tamén contempla ás persoas maiores cun Programa de Envellecemento Activo, que inclúe ximnasia nos locais sociais das parroquias de Pastor, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño. O custo será de 45€ ao ano para persoas empadroadas e de 90€ para non empadroadas, aplicándose descontos do 50% na realización de máis dunha actividade.

O Concello lembra que os horarios das actividades poden sufrir modificacións unha vez comecen as mesmas. Compre salientar ademais que a participación en calquera das actividades implica o pagamento íntegro da cota no momento da inscrición, sen opción a devolucións salvo cancelación da actividade, nin a posibilidade de fraccionamento dos pagos. Cada actividade require un mínimo de oito persoas para celebrarse, e en caso de non acadarse este número, a actividade será cancelada unha vez finalizado o prazo de inscrición.

Toda a información sobre prazos, formularios, normativa e pagos está dispoñible na web municipal:  www.opino.gal. As persoas interesadas tamén poden obter información e resolver dúbidas chamando ao departamento de Deportes do Concello, no teléfono 981 511 002, extensión 6.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Co inicio destas actividades, o Concello do Pino pretende fomentar a actividade física e o benestar da veciñanza de todas as idades, ofrecendo unha programación completa e variada que combina diversión, aprendizaxe e hábitos saudables durante todo o curso escolar.

Etiquetas

actividades para adultosescolas deportovaso pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago