ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’, premiados no Entroido do Pino

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de marzo de 2025 a las 14:07

Compartir

A Asociación veciñal A Carballeira de Chaián volve triunfar en comparsa e carroza coa súa proposta para conquistar a galaxia

A ‘Diosa da neve’ e ‘Hi-Hada’, gañan en individual e ‘As madamas’ en parella nun colorido desfile

A música do grupo local JB Sons animou a festa

Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista, gañador na categoría de grupo

 

Moita imaxinación e propostas moi elaboradas as que se viron este domingo 2 de marzo no concurso de disfraces de Entroido que organizou o Concello do Pino. Dúas das propostas máis aplaudidas foron as presentadas pola cativada. O patio da corentena, que incluíu os aplausos das oito da tarde na súa coreografía, levou o premio ao disfrace máis orixinal; e o Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista impúxose na categoría de grupo cunha colorida colección que o pintor acabou vendendo sobre o escenario.

O patio da corentena, foi a proposta máis orixinal

 

A participación máis numerosas no desfile do Entroido do Pino chegou dende Trazo. A Asociación veciñal A Carballeira, de Chaián, volveu levar o primeiro premio na categoría de comparsas e carrozas coa súa proposta para conquistar a galaxia (o ano pasado gañaron coa súa representación das Festas do Apóstolo dos anos 60). A Chaianasa explora a galaxia é o nome da comparsa que conta cun nutrido grupo de astronautas que acompañan á carroza O planeta Chaintra 25, que inclúe na súa posta en escena un vehículo espacial tripulado e o lanzamento dun foguete, que sorprendeu ao público presente na Praza do Concello do Pino.

A Asociación de Veciños A Carballeira de Chaián gañou en carrozas (‘A Chaianasa explora a galaxia’) e comparsas (‘O planeata Chaintra 25’)

 

Pero sobre o escenario do Pino desfilaron onte elaborados e coloridos disfraces que fixeron rir ao público presente e que levaron moitos aplausos. Foi o caso das dúas gañadoras da categoría infantil, que coincidiron na neve e no frío como temática. A diosa da neve e Xi-Hada levaron o primeiro premio cuns disfraces que sorprenderon o xurado pola minuciosidade e complexa elaboración. O segundo premio na categoría infantil foi para Martiano. En total, o Concello do Pino repartiu 2.300 euros en premios.

Coloridos e divertidos foron tamén os disfraces das Madamas e a súa coreografía, que arrancou moitos aplausos entre o público, nunha tarde na que non faltou a música. O grupo local JB Son encargouse de animar a festa e, como non podía ser doutro xeito, tocaron por primeira vez no Pino e non dubidaron en subirse ao escenario disfrazados de Brancaneves e os seus ananos e ananas.

O alcalde, Manuel Taboada; a concelleira de Cultura, Eva Varela, e membros do equipo de goberno local entregáronlle os premios aos gañadores e gañadoras.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A diosa da neve, gañadora infantil

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.