ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDestacado

O Monbus Obradoiro buscará cambiar a súa dinámica gañando ao Silbö San Pablo Burgos

O sábado ás 19:30 horas, o Monbus Obradoiro recibe no Multiusos Fontes do Sar ao Silbö San Pablo Burgos para disputar a cuarta xornada da Primeira FEB.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de octubre de 2024 a las 15:11

Compartir

Os composteláns chegan ao partido tras gañar un dos seus dous primeiros enfrontamentos ligueiros. Pola súa banda, os de Burgos chegan cun pleno de vitorias que os deixa momentaneamente na terceira posición da clasificación.

O partido poderá ser seguido en directo a través de https://www.laligaplus.laliga.com/scheduled-livestream/53347836-e043-46f6-484d-08dcc67be787 ou pola TVG.

Na rolda de prensa previa ao partido, Gonzalo Rodríguez quixo lanzar un mensaje de ánimo e apoio a todas as persoas que sofren cancro de mama. “Quero mandar un abrazo enorme e todo o cariño do mundo ás persoas e aos seus familiares que loitan contra esta enfermidade. Pido moitísimo máis apoio económico á investigación científica, xa que é a única maneira de chegar a unha solución para esta lacra”.

En canto ao encontro do sábado, matizou que todos os xogadores se atopan en perfecto estado e ben física e mentalmente. “O equipo está preparado para competir mañá ao máximo nivel e traer un bo resultado”. Tamén afirmou ser consciente de que “temos que xogar mellor e sabemos facelo. Estamos traballando nisto, para tratar de gañar todos os partidos posibles”.

No seu análise do partido de mañá confía en “ter un nivel constante de enerxía ao longo de todo o encontro, independentemente de que as cousas estean saíndo mellor ou peor. Todo o que dependa do noso esforzo, como é a transición defensiva, o rebote, correr, ocupar posicións correctas, debemos estar ben. Debemos ser capaces de prolongar os nosos momentos bos e acurtar os malos, diso trata a evolución dun equipo”.

Do seu rival destacou “o gran talento que ten, o seu acerto e a calidade en todas as posicións, sendo capaces de anotar fóra da táctica de grupo. Tienen armas ofensivas e defensivas, pero creo que nós temos as ferramentas para contrarrestar todo o bo que teñan eles. Estou convencido”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

baloncestocomposteladeportesmonbus obradoirosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.