ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O ministro de Economía traballará para favorecer o uso residencial no antigo Peleteiro

10/05/2024.- A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de mayo de 2024 a las 20:25

Compartir

Finalizada a reunión, Goretti Sanmartín valorou o resultado como «moi satisfactorio tendo en conta o punto no que se atopa actualmente esta actuación». Segundo explicou Carlos Cuerpo, o Goberno de España está a apostar por impulsar a construción de vivenda, en especial de vivenda protexida, e a proposta do goberno municipal de Santiago de Compostela encaixa nesta liña de traballo.

As grandes liñas da nova proposta pasarían por reducir o uso comercial e demais usos terciarios e incrementar o uso residencial, incluíndo vivenda protexida. En canto ao uso comercial, axustaríase ao modelo tradicional de comercio en planta baixa para coidar o pequeno comercio existente na zona mantendo a edificabilidade prevista no plan actualmente vixente.

A partir de agora traballarase tecnicamente para materializar unha nova ordenación que responda ás necesidades actuais do Ensanche compostelán e da cidade no seu conxunto.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.