ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O Milladoiro SD proclámase campión de Liga tras empatar contra a SD Araño

O equipo sénior masculino do Milladoiro Sociedade Deportiva logrou o título de Liga esta pasada fin de semana, tras un vibrante empate 2-2 a domicilio contra a SD Araño, na Lomba de Taragoña

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de mayo de 2025 a las 21:51

Compartir

Deste xeito, remata a tempada do mellor xeito posible co ascenso á segunda Futgal e co título de Liga do primeiro grupo de fase de ascenso da terceira Futgal

A fin de semana de éxitos para o club completouse co equipo biberón de fútbol sala, que o sábado pola mañá proclamouse campión de Copa, tras vencer ao Alto do Vento por 3-1 no pavillón do Restollal

Ames, 27 de maio de 2025.- O equipo sénior masculino do Milladoiro Sociedade Deportiva logrou o título de Liga esta pasada fin de semana, tras un vibrante empate 2-2 a domicilio contra a SD Araño, na Lomba de Taragoña. Deste xeito, remata a tempada do mellor xeito posible co ascenso á segunda Futgal e co título de Liga do primeiro grupo de fase de ascenso da terceira Futgal.

Nun encontro cheo de intensidade e emocións, os xogadores do equipo sénior masculino do Milladoiro amosaron carácter e entrega diante dun rival combativo. A pesar de non conseguir a vitoria, o empate foi suficiente para conseguir o campionato de Liga grazas ao resultado de empate 1-1, que houbo no encontro entre o SH Palmeira e o Porto do Son CF, xogado no campo do SH Palmeira.

O Milladoiro SD realizou unha gran temporada cuns números de 8 vitorias, 4 empates e tan só 2 derrotas no grupo 1 de fase de ascenso da terceira Futgal. Rematou a competición cun total de 28 puntos.

O equipo amesán marcou 36 goles e encaixou 15, sendo o equipo máis goleador e con menos goles encaixados. O máximo goleador do Milladoiro foi Jhean Carlos Jaramillo Rojas con 11 goles en 13 partidos e unha media goleadora de 0,84 goles por partido.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A fin de semana de éxitos para o club completouse co equipo biberón de fútbol sala, que o sábado pola mañá proclamouse campión de Copa, tras vencer ao Alto do Vento por 3-1 no pavillón do Restollal. Esta vitoria pon o broche de ouro a unha tempada inesquecible para os máis pequenos do Milladoiro SD, que asinan así o dobre título de Liga e Copa, demostrando o gran futuro que agarda á canteira do Milladoiro.

Etiquetas

amesdeportesmilladoiro sd
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.