ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Milladoiro acollerá este venres o VI Día do Deporte

 

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de septiembre de 2024 a las 20:46

Susana Señorís, concelleira de Deportes de Ames (arquivo)

Compartir
  • Celebrarase este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas
  • A veciñanza poderá gozar de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmano, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, judo e taekwondo
  • A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que “a través desta xornada poñemos en valor a importancia de manterse activos e de realizar actividades saudables, e facemos fincapé no noso compromiso cos clubs do noso concello”

Ames, 24 de setembro de 2024.– O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza por sexto ano consecutivo unha ampla oferta de actividades no Día do Deporte, que se celebrará este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames. Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que “un ano máis puxemos en marcha o Día do Deporte, unha iniciativa dirixida á veciñanza amesá de todas as idades, que poderá gozar de propostas deportivas para todos os gustos. A través desta xornada poñemos en valor a importancia de manterse activos e de realizar actividades saudables, e facemos fincapé no noso compromiso cos clubs do  concello”.

A veciñanza poderá gozar de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmano, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, judo e taekwondo. As persoas que participen en seis desas actividades recibirán un agasallo na carpa de participación. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.

Trátase dunha xornada de actividades lúdicas que melloran a calidade de vida das persoas que practican estes deportes. Ademais, non só é beneficioso para pór en forma o corpo, senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames.

Actividades do VI Día do Deporte

A sexta edición do Día do Deporte terá lugar este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro. Haberá unha extensa oferta deportiva que se estenderá ao longo de tres horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas.

Deste xeito, haberá actividades dirixidas: aerozumba, spinning e baile moderno. Por outro lado, desenvolveranse actividades de atletismo e, na piscina descuberta, haberá piragüismo.

Tamén haberá xadrez, tenis, baloncesto e balonmano, así como fútbol sala, judo, taekwondo e ximnasia rítmica.

Todas as persoas que participen en, polo menos, seis actividades, recibirán selos que lles permitirán recibir un agasallo na carpa de organización.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesdeportesradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego