ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Milladoiro acollerá este domingo o desfile e concurso de disfraces do Entroido en Ames

O Entroido en Ames continuará esta fin de semana coa celebración do desfile e concurso de disfraces na xornada do domingo, que terá lugar no Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de febrero de 2025 a las 11:59

Compartir

Ata o momento, hai máis de 200 persoas inscritas entre todas as categorías e repartiranse 2.400 euros en premios

Por outra banda, o sábado 1 de marzo celebrarase a Festa de Entroido na Praza da Maía, que contará cunha exhibición de baile e actuación musical, mentres que o vindeiro luns 3 de marzo terá lugar o concurso de disfraces infantil en Bertamiráns

Ames, 27 de febreiro de 2025.- O Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organizan este domingo, 2 de marzo, o concurso e desfile de Entroido de Ames, que se celebrará no Milladoiro. A saída será ás 17.00 horas desde o aparcamento da Casa da Cultura. En total, entre todas as categorías, repartiranse 2.400 euros en premios. Hai máis de 200 persoas inscritas para o desfile deste domingo. Por outra banda, o luns, 3 de marzo, terá lugar o concurso de disfraces infantil en Bertamiráns. Os nenos e nenas que queiran participar, teñen a posibilidade de inscribirse o propio día do concurso.

Esta semana estanse a desenvolver as diferentes actividades que forman parte da programación do Entroido en Ames, que este ano busca unha gran participación da veciñanza. Así mesmo, está previsto para este domingo, 2 de marzo,  o desfile e concurso de disfraces do Milladoiro, unha das actividades máis destacadas dentro da programación.

O grupo Charanga Mekánica será o encargado de dar comezo a un desfile que comezará ás 17.00 horas e levará ás carrozas participantes deste ano polas diferentes rúas do Milladoiro. A saída será desde o aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, continuando pola rúa Pardiñeiros ata Agro do Medio, seguindo pola rúa Agro da Madalena e subindo pola rúa Cereixos para finalizar de novo no aparcamento da Casa da Cultura.

Unha vez finalizado o desfile, será o lugar da entrega de premios e, ademais, haberá unha festa final amenizada de novo pola Charanga Mekánica.

Establécense  tres categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas); grupos pequenos (de 3 a 10 persoas); e grupos grandes (máis de 10 persoas). Na categoría individual outorgaranse tres premios: 100 euros para o primeiro premio, 75 euros para o segundo; e 50 para o terceiro. Na categoría de grupos pequenos os premios serán de 300 euros para o primeiro, 200 para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Na categoría de grupos grandes entregaranse tamén tres premios: 500 euros para o primeiro premio, 300 para o segundo e 150 euros para o terceiro.

A recollida de dorsais realizarase o propio domingo, 2 de marzo, de 15.30 a 16.30 horas. Ademais, nese mesmo horario, estará aberta a inscrición de forma presencial para participar no desfile. Ata o momento, participarán máis de 200 persoas nas tres categorías, destacando a participación de 5 carrozas na categoría de grupos de máis de 10 persoas.

Concurso de disfraces infantil

Por outra banda, o luns 3 de marzo terá lugar a festa e concurso de disfraces infantil en Bertamiráns, no que, ata o de momento, hai inscritos máis de 60 nenos e nenas. A rapazada interesada en participar, aínda pode apuntarse o propio día do desfile. Terán que facelo na praza da Maía, de 15:30 a 16.30 horas. Ademais, nese mesmo horario, realizarase a entrega de dorsais para os participantes.

Ás 17.00 horas dará comezo o concurso, que estará presentado por diferentes monitoras e monitores da empresa amesá de animación infantil Biosbardos. Así mesmo, os pequenos poderán gozar dunha tarde de Entroido chea de música, na que haberá picadiscos e obradoiro de maquillaxe ao longo de todo o serán.

Para o concurso de disfraces infantil, establecéronse  dúas categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas  ata 12 anos cumpridos) e grupos (máis de 3 persoas ata 12 anos cumpridos). Na categoría individual haberá tres premios: 75 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e 25 euros para o terceiro. Na categoría de grupos os importes dos premios son 250 para o primeiro, 150 euros para o segundo e 75 para o terceiro.

Festa de Entroido

Por outra banda, o vindeiro sábado 1 de marzo celebrarase a Festa de Entroido, onde as persoas que se acheguen ata a Praza da Maía, en Bertamiráns, poderán gozar dunha exhibición de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya e unha actuación musical de Dani Barreiro. Haberá unha carpa instalada.

O evento comezará ás 17.00 horas coa exhibición de Danzaya, composta por 18 actuacións de diferentes estilos de baile, entre eles baile moderno, funk, hip-hop ou k-pop. Arredor das 18.30 horas terá lugar a actuación de Dani Barreiro, que amenizará a tarde ata o final de festa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesentroido
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación