ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

O Mercamelide de inverno celebrará a súa XXX edición os días 24 e 25 de febreiro

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de enero de 2024 a las 15:07

Compartir

 

 

A feira do comercio local contará cun servizo gratuíto infantil para facilitar as compras ás familias. Os comercios socios de ASETEM poden inscribirse a través da asociación mentres que os non asociados terán que facelo no concello. O prazo de inscrición finaliza o martes 20 de febreiro.

O Concello de Melide anuncia que o Mercamelide de Inverno 2024, a feira do comercio local melidao que reúne os produtos dun bo número de establecementos do municipio con descontos no prezo, terá lugar os días 24 e 25 de febreiro. O período de inscricións para os comercios participantes permanecerá aberto ata o martes 20 de febreiro. No caso dos comercios asociados á ASETEM (Asociación de Empresarios da Terra de Melide) poden levar a cabo a inscrición na Asociación. O resto de comercios pode inscribirse no Departamento de Comercio do Concello de Melide, ou a través do enderezo electrónico: comercio@concellodemelide.gal.

O mercado de inverno ofrecerá a prezos moi competitivos de todo tipo de produtos do fogar, moble, menaxe, decoración, mercería, moda, calzado e lencería. Do mesmo xeito, ofrecerá produtos de beleza, perfumería, tecnoloxía, seguros, deportes ou complementos. Todos produtos de primeira calidade, proximidade e a un prezo moi económico.

Nesta edición ofertarase un servizo gratuíto de animación infantil a partir dos 4 anos de idade. Con este servizo, que se estenderá de 11h a 14h pola mañá e de 16h a 20h en horario de tarde, as familias poderán efectuar as súas compras con maior comodidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A edición de 2023 contou con 14 comercios de Melide e rexistrou un alto volume de vendas e de asistencia. O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, confía no éxito dunha nova edición e lembra a importancia de dotar ao comercio local dun evento de apoio coma este no tramo final do inverno.

Etiquetas

comarcamercamelide
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O PSOE de Oroso tamén anuncia accións legais polos “insultos, inxurias e calumnias» en redes
Comarca

O PSOE de Oroso tamén anuncia accións legais polos “insultos, inxurias e calumnias» en redes

Xosé Igrexas: «En Melide activamos máis de 36 accións anuais para impulsar o comercio local»
Comarca

Xosé Igrexas: «En Melide activamos máis de 36 accións anuais para impulsar o comercio local»

Mercamelide regresa o 21 e 22 de febreiro con preto de 30 comercios participantes
Comarca

Mercamelide regresa o 21 e 22 de febreiro con preto de 30 comercios participantes

Padrón celebra o San Xoán do Raio coa procesión, música de acordeón e o xantar da terceira idade
Comarca

Padrón celebra o San Xoán do Raio coa procesión, música de acordeón e o xantar da terceira idade