ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

O mercado de rúa de Bertamiráns volve á rúa do Ameneiral dende o vindeiro sábado

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de diciembre de 2023 a las 18:35

Compartir
  • Na actualidade dito mercado conta con 52 postos
  • Existen 24 solicitudes para instalar novos postos Grazas ás obras de humanización na rúa do Ameneiral está previsto que se poidan ir incrementando, de xeito progresivo, o número de postos no mercado de rúa
  • Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica: “coas obras executadas mellorouse o espazo comercial da rúa do Ameneiral, o que permitirá que siga medrando o mercado de rúa, podendo incorporar a persoas que se encontran en lista de agarda”

Ames, 12 de decembro de 2023.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que o mercado de rúa de Bertamiráns volve ao seu espazo habitual, na rúa do Ameneiral, dende este sábado 16 de decembro. Na actualidade dito mercado conta con 52 postos. Ademais, existen 24 solicitudes para instalar novos postos. Grazas ás obras de humanización na rúa do Ameneiral está previsto que se poidan ir incrementando, de xeito progresivo, o número de postos no mercado de rúa.

No pasado mes de agosto o Concello de Ames chegaba a un acordo cos comerciantes afectados polas obras que se ían executar na rúa do Ameneiral, que impedían que o mercado de rúa de Bertamiráns se celebrase na localización habitual de todos os sábados. Na xuntanza mantida chegábase ao acordo de que a mellor opción para proseguir coa actividade do mercadillo era a Travesía da Peregrina.

Unha vez finalizadas as obras da Améndoa central de Bertamiráns, o mercado de rúa volve dende este sábado, 16 de decembro, a súa localización habitual na rúa do Ameneiral. Cómpre lembrar que as obras da Améndoa central están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e enmárcanse dentro da EDUSI Impulsa Ames.

Debido a que na rúa Entrerríos, lugar onde tamén se instalan postos do mercado de rúa, se están realizando obras de humanización, que neste caso non forman parte da EDUSI Impulsa Ames, algúns dos postos instalaranse na praza do Concello de xeito provisional, para cando sexa posible volver á rúa Entrerríos.

Na actualidade dito mercado conta con 52 postos. Ademais, existen 24 solicitudes para instalar novos postos. Grazas ás obras de humanización na rúa do Ameneiral está previsto que se poidan ir incrementando, de xeito progresivo, o número de postos no mercado de rúa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, indica que “co traslado dos postos dos vendedores ambulantes á Travesía da Peregrina buscouse incomodar omenos posible á veciñanza e defender os intereses dos comerciantes que conforman o mercadillo”. Ademais, explicou que “coas obras executadas mellorouse o espazo comercial da rúa do Ameneiral, o que permitirá que siga medrando o mercado de rúa, podendo incorporar a persoas que se encontran en lista de agarda”.

Etiquetas

amesmercado
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación