ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolíticaSociedad

‘O machismo deixa pegada’: a campaña do PSOE de Santiago para dicir basta á violencia machista

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de noviembre de 2023 a las 18:31

Compartir
  • A secretaria de Participación Cidadá e Veciñanza, Isabel Gómez, destacou o compromiso das socialistas coa loita feminista fronte a unha dereita que “alenta manifestacións con cánticos e accións machistas propias dunha sociedade de pensamentos cavernarios”
  • “É preocupante o aumento dos casos de violencia machista na mocidade, normalizando condutas como control de todo tipo, malos tratos Dsicos e psicolóxicos, considerando os celos como normais nunha relación” alertou Jimena Sierra, secretaria de Igualdade de XSG

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023.- Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o PSdeG de Santiago lanza conxuntamente coas Xuventudes Socialistas un vídeo en redes sociais co que pretenden poñer o foco nas “novas vías” que atopa o machismo “para perpetuarse en toda a sociedade”, poñendo o foco no papel das redes sociais e as novas tecnoloxías.

A campaña, baixo o lema “O machismo deixa pegada” foi presentada este mércores pola secretaria de Participación Cidadá e Veciñanza, Isabel Gómez e a secretaria de Igualdade das XSG, Jimena Sierra. Ambas coincidiron en sinalar a normalización que se está dando de condutas machistas, tamén no eido institucional coa entrada da ultradereita en gobernos locais e autonómicos: “vemos como representantes públicos abandonan os minutos de silencio para evitar condenar a violencia machista, impiden declaracións institucionais, retiran os fondos para combatela ou suprimen as consellerías e concellerías de igualdade” denunciou Sierra.

Gómez Cambón insis&u no alarmante dos datos da violencia machista con 52 mulleres asasinadas no que vai de ano, sendo o peor dato dende que hai rexistros, ou os 4.522 casos activos en Galicia no sistema VioXen, dos cales 2.066 son na nosa provincia: “mentres, a dereita de Rueda e Feijóo participa e alenta manifestacións con cánticos e accións machistas propias dunha sociedade de pensamentos cavernarios” criticou. Gómez recalcou que o machismo “si ten ideoloxía” cando se ve como “o PP pacta con quen nega a existencia da violencia contra as mulleres”. A secretaria de Participación Cidadá amosou o compromiso dos socialistas coa loita contra o machismo animando á participación nas concentracións organizadas o próximo sábado polas organizacións feministas: “sairemos á rúa polas que sofren en silencio, polas que anhelan unha vida libre de medo e polas que xa non están”.

Un problema estructural que afecta a todas as mulleres

No vídeo da campaña que presentan as socialistas, a voz de Rosa Arcos, secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE Santiago e de Jimena Sierra, sinalas as caras do machismo – violencia sexual, económica, física..- e poñen o foco no avance “impune” do machismo a través de redes sociais ou incluso a Intelixencia Artificial.

Un vídeo no que se ve como simpatizantes e diferentes persoas deixan a pegada da súa man nun fondo branco para falar da pegada do machismo, a través dos datos e alertando da “normalización de condutas como control de todo tipo, malos tratos Zsicos ou psicolóxicos ou os celos” segundo explica Sierra.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Un vídeo que finaliza cunha apelación directa ás mulleres que sofren a violencia machista con un “pide axuda, protéxete”.

Etiquetas

25Npsoe
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Guinarte rexeita que se culpe só a Ryanair da caída do turismo en Santiago
Actualidad

Guinarte rexeita que se culpe só a Ryanair da caída do turismo en Santiago

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago
Actualidad

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago

Será Pedro Blanco o candidato socialista en Santiago? Aitor Bouza pronúnciase
Destacado

Será Pedro Blanco o candidato socialista en Santiago? Aitor Bouza pronúnciase

O PSdeG critica a xestión municipal e alerta dun “mandato perdido para Santiago”
Actualidad

O PSdeG critica a xestión municipal e alerta dun “mandato perdido para Santiago”