ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O III Torneo de Pádel da Baña celebrarase os días 9 e 10 de novembro

• A inscrición está aberta ata o luns 4 de novembro ás 23.59 h
• Ten un custo de 5 euros por participante; 8 € no caso de inscribirse en dúas categorías

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de octubre de 2024 a las 18:25

Compartir

A Baña.22-10-2024.- O Concello da Baña anuncia a celebración do III Torneo de Pádel A Baña, que terá lugar na fin de semana do 9 e 10 de novembro no Pavillón de Lañas. Esta competición, dirixida a xogadores afeccionados maiores de 14 anos, ofrecerá varias categorías para fomentar a participación e o deporte entre a veciñanza.

O prezo de inscrición será de 5 euros por participante, e 8 euros para aqueles que se inscriban en dúas categorías. Todos os participantes recibirán un obsequio de benvida. As inscricións estarán abertas ata o 4 de novembro ás 23:59 horas, podendo realizarse a través do teléfono 633 499 635 (Dani).

Nesta terceira edición hai seis categorías dispoñibles: 2ª masculina, feminina e mixta; 3ª masculina; e iniciación masculina e feminina. Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo.

A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal (www.concellodabana.gal) 24 horas antes do inicio do torneo. No caso de non poder xogar o partido na hora indicada, as persoas participantes poderán dirixirse ao comité de competición para que faga as pertinentes modificacións sempre que sexa posible.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O III Torneo de Pádel A Baña está organizado pola Concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais bañense, coa colaboración da Deputación da Coruña. As dúas edicións anteriores do torneo contaron con 27 e 36 parellas, respectivamente, e a organización espera superar estas cifras nesta nova convocatoria.
Para máis información sobre as bases do torneo, pódese consultar a normativa na web municipal.

Etiquetas

bañadeportespadel
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”
Actualidad

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”