ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

O IES Rosalía de Castro entrega este venres os VI Premios Stephen Hawking

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de abril de 2024 a las 21:21

Compartir

 

 

  • Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC, baixo o lema “Intelixencias”
  • A presentación dos traballos terá lugar este venres 19 de abril de 9:30 a 13:30 horas no IES Rosalía de Castro, que acollerá a entrega de premios de 19:00 a 20:30 horas

 Ames, 18 de abril de 2024. A empresa láctea FEIRACO, integrada na cooperativa rural galega CLUN, patrocina a sexta edición dos Premios Stephen Hawking, que serán entregados este venres 19 de abril no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Uns premios que teñen como obxectivo difundir a cultura científica e estimular a vocación investigadora entre o alumnado de bacharelato e ao que aspiran 54 traballos presentados por estudantes de once institutos: nove galegos, un de Soria e outro de Madrid.

O certame, coordinado por Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961), catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, foi convocado polo IES Rosalía de Castro e conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, FEIRACO, Finsa e Ternera Gallega.

Os traballos concorrentes xiran en torno a dous eixos: a figura de Amparo Alonso Betanzos e a súa contribución á intelixencia artificial; e a lenda desta edición: “Intelixencias”. Iso significa que os traballos presentados teñen que estar vencellados aos campos da bioloxía e xeoloxía, da física e a química, das matemáticas, do ámbito tecnolóxico, das ciencias sociais ou de índole artística.

Os traballos serán presentados diante do xurado nos laboratorios de bioloxía e física do IES Rosalía de Castro entre as 9:30 e as 13:30 horas, a razón de 10 minutos por traballo máis outros cinco de debate. Os premios serán entregados ás 19:00 horas no salón de actos do instituto compostelán, cunha conferencia de Amparo Alonso Betanzos e cun cóctel con produtos de FEIRACO.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os centros participantes nos VI Premios Stephen Hawking son: IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Lucus Augusti e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Blanco Amor (Ourense), IES Xermán Ancochea Quevedo (Póboa de Trives, Ourense), IES Val Miñor (Nigrán, Pontevedra), IES Castilla (Soria) e IES Ramiro de Maeztu (Madrid).

Etiquetas

IES Rosalía de CastroPremios Stephen Hawking
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro celebrará o seu IV Mercado Solidario de Nadal este mércores
Actualidad

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro celebrará o seu IV Mercado Solidario de Nadal este mércores

O IES Rosalía convoca o VIII Premio Stephen Hawking, coordinado por Mar Capeáns
Actualidad

O IES Rosalía convoca o VIII Premio Stephen Hawking, coordinado por Mar Capeáns

O IES Rosalía entregará o 21 de xaneiro o Premio San Clemente, “un día moi especial para todo o centro”
Actualidad

O IES Rosalía entregará o 21 de xaneiro o Premio San Clemente, “un día moi especial para todo o centro”

Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o XXIX Premio San Clemente
Actualidad

Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o XXIX Premio San Clemente