ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O Goberno de Ames realizará reunións coa veciñanza de todas as parroquias

Os “Encontros co Alcalde” son reunións abertas ás que calquera veciño/a de Ames pode acudir

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de octubre de 2024 a las 18:45

Compartir

Agrón foi a primeira parroquia elixida e o encontro contou cunha asistencia de case 50 persoas

O alcalde, Blas García: “Dende este Goberno intentamos visitar polo menos unha vez ao ano todas as parroquias. É o noso deber escoitar á veciñanza, explicar o que estamos a facer e escoitar o que nos teñan que dicir. A única forma de entender se imos na dirección correcta é falar coas nosas veciñas e veciños cara a cara”

Ames, 2 de outubro de 2024.- O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou onte en Agrón unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións

O alcalde, Blas García, destaca que “dende este Goberno intentamos visitar polo menos unha vez ao ano todas as parroquias. É o noso deber escoitar á veciñanza, explicar o que estamos a facer e escoitar o que nos teñan que dicir. A única forma de entender se imos na dirección correcta é falar coas nosas veciños e veciños cara a cara”. O rexedor rematou explicando que “moitas veces hai problemas que non podemos solucionar por descoñecemento e outras hai servizos que a veciñanza non desfruta polo mesmo motivo. Con estas reunións intentaremos poñerlle solución a este feito”.

En Agrón, a parroquia elixida para comezar estes encontros, houbo unha asistencia de case 50 veciños e veciñas que puideron falar cara a cara coas concelleiras e concelleiros  do Goberno municipal, que tiveron a oportunidade de recoller as reclamacións veciñais e explicar a súa xestión.

A próxima reunión terá lugar no local social de Trasmonte este xoves, 3 de outubro, ás 20.00 horas, e as seguintes iranse anunciando paulatinamente en redes e mediante correo ordinario con tarxetas informativas.

Servizos municipais

Ademais, nestas xuntanzas  faise un recordatorio sobre todos os servizos municipais que os veciños/as teñen á súa disposición como poden ser o transporte adaptado, o punto limpo móbil, os servizos complementarios de educación, as escolas deportivas municipais, o programa Amessán, o programa Apego, o plan de prevención de incendios forestais, o roupeiro municipal, o WhatsAmes, entre outros.

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro. Abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.

Ademais, o ano pasado comezou a funcionar o Punto Limpo móbil. Trátase dun vehículo adaptado que percorre os diferentes lugares e parroquias de Ames, cuns horarios e puntos prefixados, normalmente ao carón das Casas da Cultura ou locais sociais de cada parroquia, co obxectivo de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, o Concello de Ames conta cun servizo de transporte adaptado que facilita as tarefas da vida cotiá a aquelas persoas con problemas de mobilidade, e que lles permite mellorar as súas condicións de vida. Para poder dispoñer de dito servizo, hai que reservar praza chamando ao número de teléfono gratuíto 900 204 000 ou ao teléfono da Oficina de Voluntariado 662 377 044. Este servizo funciona de luns a venres en horario interrompido de 8:00 horas da mañá ata as 19:00 horas da tarde.

Etiquetas

amesparroquiasradio lider santiagoreunions
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego