O GES de Ribeira intervén en tres incidencias en Carreira e na Rúa Galicia
A dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira actuou hoxe en tres incidencias tras ser requirida polo CIAE 112.
Líder Redacción
27 de noviembre de 2025 a las 10:55
A primeira delas foi un accidente de tráfico rexistrado na estrada DP-7306, en Carreira, onde os efectivos colaboraron coa Policía Local de Ribeira e coa Garda Civil de Tráfico.
Minutos despois, o GES participou na evacuación dunha persoa indisposta no cuarto andar dunha vivenda da Rúa Galicia, nun operativo conxunto co 061-Urxencias Médicas e persoal do PAC.
Finalmente, os equipos desprazáronse novamente á Rúa Galicia para realizar tarefas de limpeza da calzada debido a unha mancha de hidrocarburos que supuña risco para a circulación.
O servizo quedou restablecido sen incidencias maiores.



