ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

O crowdfunding solidario de Chichalovers e Paluso para a cea de Nadal, protagonista na Galuresa

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de diciembre de 2025 a las 11:59

Compartir
  • A iniciativa busca garantir a histórica cea de Nadal de Paluso e converterá a lona da Galuresa nun marcador que se irá actualizando coas doazóns

A campaña de crowdfunding solidario impulsada por Chichalovers en apoio á asociación Paluso foi a elixida por Galuresa para protagonizar este Nadal unha acción de visibilidade social en Santiago de Compostela co obxectivo de garantir a celebración da histórica cea de Noiteboa e do xantar de Nadal para persoas que pasan estas datas en situación de soidade.

A candidatura destacou, segundo recolle a nota oficial da marca, “pola súa honestidade e, sobre todo, pola súa urxencia”: a poucos días das festas, Paluso só conseguira recaudar 360 euros, unha cifra claramente insuficiente para manter unha tradición solidaria que a entidade leva máis de trinta anos organizando en Compostela.

Dende hoxe, a lona instalada en Pontepedriña exhibirá a petición de Paluso e actualizarase de maneira manual e á vista de toda a veciñanza a medida que vaian entrando as doazóns. A acción —concibida como un xesto simbólico e colectivo— permitirá que as persoas que pasen pola zona vexan en tempo real o impacto da campaña e como a cidade responde para que ninguén cene só nesta época do ano.

Galuresa cedeu este espazo publicitario como parte da súa campaña de Nadal, coa finalidade de ofrecer á causa a máxima visibilidade posible. Desde Chichalovers subliñan que a acción pretende poñer o foco “nunha necesidade silenciosa pero moi real” e confían en que a cidade volva demostrar a súa capacidade de mobilización colectiva.

Tanto Chichalovers como Paluso fan un chamamento á colaboración da veciñanza, dos establecementos e das entidades locais para asegurar que a histórica Cea de Nadal poida celebrarse un ano máis. A iniciativa apela ao espírito solidario de Compostela e á importancia de que ninguén quede só nestas datas tan sinaladas.

Baixo o lema “Un prato teu, unha cea para todos”, a campaña de crowdfunding de Chichalovers e Paluso articúlase a través dun “menú solidario” que permite realizar achegas económicas adaptadas ás posibilidades de cada persoa. As opcións de colaboración inclúen diferentes importes pechados, ademais da posibilidade de facer unha doazón libre:

  • 5 euros, na opción entrante

  • 10 euros, correspondente ao medio menú

  • 20 euros para o menú completo

  • 50 euros na modalidade cea máis baile

  • Doazón aberta coa cantidade que cada persoa decida

  • As achegas poden realizarse a través da ligazón habilitada para o crowdfunding, co obxectivo de garantir a celebración da histórica cea de Nadal organizada por Paluso.

    Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
    Unirse →

    Etiquetas

    Asociación PalusoCea nadal PalusochichaloversGaluresa
    Compartir

    Síguenos en redes

    FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

    Últimas noticias

    • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

    • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

    • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

    • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

    Suscríbete

    Recibe las noticias en tu correo.

    Te puede interesar

    O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
    Actualidad

    O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

    Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
    Actualidad

    Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

    Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
    Actualidad

    Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha

    Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia
    Actualidad

    Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia