ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

O CPEIG ofrece recomendacións para protexer á cidadanía das ciberestafas no Black Friday

Xa chega a época por excelencia das compras online e con ela o aumentos das ciberestafas. No Black Friday (“Venres negro”), que se celebra este ano o venres, 28 de novembro, e o seu complemento cibernético, o “Ciberluns”, que terá lugar o luns 1 de decembro, coñecido internacionalmente como Cyber Monday e dedicado ás compras por internet, as ciberestafas incrementaranse se cabe aínda máis ao aumentar o consumo como anticipo da campaña do Nadal. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) alerta dan posibles ciberestafas que poden xurdir nesta época na que os consumidores utilizan xa ferramentas de intelixencia artificial para as súas compras de Black Friday.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de noviembre de 2025 a las 13:35

Compartir

Segundo explica o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, nos últimos meses, a irrupción da intelixencia artificial xenerativa transformou tamén o panorama da ciberseguridade. “As mesmas tecnoloxías que permiten crear contidos, imaxes ou vídeos realistas en cuestión de segundos están sendo utilizadas polos ciberdelincuentes para perfeccionar os seus fraudes” –apunta–.

Durante campañas de gran consumo como o Black Friday, Suárez sinala que a IA convértese nunha “ferramenta poderosa” para enganar con máis credibilidade, máis rapidez e a maior escala. “Os usuarios deben extremar a prudencia, especialmente ante mensaxes, vídeos ou anuncios que parecen lexítimos, pero que foron xerados artificialmente” –engade–.

O CPEIG recomenda ter en conta algúns novos riscos e boas prácticas asociadas ao uso da intelixencia artificial:

  1. Descontos “demasiado reais”

A IA xenerativa permite crear páxinas web, logotipos e anuncios falsificados cunha aparencia profesional case idéntica á das marcas auténticas. Verifica sempre a dirección web antes de comprar e non accedas a ofertas desde enlaces recibidos por correo, mensaxería ou redes sociais.

  1. Influencers e vídeos falsos (deepfakes)

Cada vez circulan máis vídeos manipulados con IA onde figuras coñecidas recomendan produtos ou tendas fraudulentas. Non confíes en contidos virais senón proceden das canles oficiais das marcas ou persoas implicadas.

  1. Chatbots que suplantan tendas

Algúns fraudes xa utilizan asistentes virtuais xerados con IA que se fan pasar por atención ao cliente para solicitar datos persoais ou bancarios. Lembra: Ningún servizo lexítimo che pedirá contrasinais ou números de tarxeta a través dun chat.

  1. Correos e mensaxes creadas por IA

O phishing tradicional sofisticouse. A IA permite redactar mensaxes sen erros gramaticais nin sinais evidentes de engano, adaptados mesmo ao teu idioma e estilo. Antes de responder ou pulsar unha ligazón, verifica a dirección do remitente e contrasta a información coa web oficial.

  1. Falsas reseñas e comparadores automáticos

Os sistemas xenerativos úsanse tamén para publicar reseñas falsas ou clasificacións manipuladas en tendas online e foros. Desconfía dos comentarios excesivamente positivos ou repetitivos e consulta varias fontes antes de decidirte por unha compra.

  1. Imaxes de produtos xeradas por IA

Algunhas páxinas fraudulentas mostran imaxes que non corresponden a produtos reais, creadas mediante IA para simular stock ou exclusividade. Se ves fotografías perfectas ou pouco naturais, busca o mesmo artigo noutros portais ou usa ferramentas de busca inversa de imaxes.

  1. Ofertas personalizadas grazas aos teus propios datos

A IA pode analizar información dispoñible en redes sociais para crear mensaxes ou anuncios adaptados aos teus intereses, o que aumenta o seu poder de persuasión. Mantén o teu perfil privado e evita publicar datos sobre os teus hábitos de compra ou os teus métodos de pago.

  1. Verifica sempre a fonte antes de compartir

O contido xerado por IA difúndese con gran velocidade, especialmente en redes. Antes de reenviar unha oferta ou alerta, comproba a súa orixe. Compartir información falsa pode contribuír involuntariamente á propagación do fraude.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

Black FridayciberestafasColexio Profesional de Enxeñaría en Informática de GaliciaCPEIGfernando suarez
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.