ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Concilia Verán de Padrón amplía a súa cobertura ata os 16 anos

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de mayo de 2025 a las 11:54

Compartir
  • O CEIP Flavia acollerá as actividades en horario de 7:45 a 15:15 h
  • O servizo manterá o seu prezo público de 60 euros por quenda, cun total de 125 prazas dispoñibles
  • A inscrición poderá realizarse entre o 27 de maio e o 3 de xuño no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica
  • A documentación acreditativa da situación familiar será imprescindible para a baremación das solicitudes

Padrón.23-5-2025.- O Concello de Padrón, a través da Concellería de Servizos Sociais, activa unha nova edición do programa Concilia Verán, que este ano incorpora importantes novidades: por primeira vez ofrecerase unha quenda no mes de agosto e amplíase o límite de idade das persoas participantes ata os 16 anos. O obxectivo da iniciativa mantense fiel ao seu espírito: facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival, ao tempo que se promove un espazo educativo e lúdico para a infancia e a adolescencia.

O servizo desenvolverase nas instalacións do CEIP Flavia en horario de mañá, de 7:45 a 15:15 horas, durante tres quendas distribuídas en dúas quincenas en xullo e a primeira metade de agosto. En total, poranse a disposición das familias 125 prazas, cun prezo público de 60 euros por quenda.

As solicitudes poderán presentarse entre o 27 de maio e o 3 de xuño, ben a través do Rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica, empregando o modelo específico do programa Concilia Verán 2025. Os impresos poderán recollerse nas oficinas de Servizos Sociais, de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, ou descargarse nesta ligazón.

Desde o Concello faise fincapé na importancia de entregar correctamente toda a documentación que xustifique a situación familiar. Só serán baremados os datos acreditados documentalmente, polo que a falta de xustificación implicará unha puntuación de cero na correspondente categoría. Entre outros aspectos, valorarase a composición familiar, a situación laboral das persoas proxenitoras, a renda e posibles circunstancias sociais específicas, como monoparentalidade, discapacidade, acollida ou violencia de xénero.

A renda per cápita da unidade familiar calcularase a partir dos datos da declaración do IRPF de 2023, e será un dos criterios determinantes no proceso de selección, xunto co resto das circunstancias debidamente acreditadas.

Esta nova edición dá continuidade á liña de reforzo do servizo iniciada no ano 2024, cando xa se incrementara tanto o número de prazas como o horario. Agora, con máis quendas e maior cobertura por idades, o Concilia Verán consolídase como unha ferramenta para dar resposta ás necesidades das familias padronesas durante as vacacións escolares.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As persoas interesadas poden obter máis información contactando co departamento de Servizos Sociais no número 981 817 025.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.