ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Concello impulsa un parque público de alugueiro rehabilitando vivendas en Caramoniña

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, compareceu este luns ante os medios coa portavoz do goberno, Míriam Louzao, para explicar o proceso que impulsa o goberno para crear un parque público de vivenda municipal en alugueiro a través da rehabilitación de edificios abandonados. A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns a redacción do proxecto básico, proxecto de execución, estudo de seguridade e saúde e dirección facultativa das obras da rehabilitación do conxunto de cinco edificacións municipais na rúa da Caramoniña á empresa ESTAR ARQUITECTOS SLP por un importe de 49.997,20 euros (IVE incluído). O investimento total prevese que supere os 931.000 euros.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de marzo de 2026 a las 13:14

Compartir

O Concello impulsa un parque público municipal para alugueiro coa rehabilitación de vivendas en Caramoniña
As cinco edificacións que serán rehabilitadas suman 587 m2 construídos e están situadas nunha parcela de 1.875 m2 de superficie, cualificada como equipamento público asistencial, que o Concello obtivo en 2005 por cesión obrigatoria polo desenvolvemento da unidade de execución U-4 do Plan especial da cidade histórica (edificios residenciais deseñados por Víctor López Cotelo). Os cinco edificios municipais non están catalogados pero son representativos da arquitectura popular. Un deles está na parte máis baixa da rúa da Caramoniña e outros catro están agrupados na parte máis alta desta.

O concelleiro de Urbanismo indicou que esta actuación terá catro efectos positivos, a comezar por dar exemplo como administración pública. “A administración pública ten que dar exemplo e rehabilitar o patrimonio histórico”, afirmou. Lestegás indicou que esta actuación permitirá recuperar tamén bens representativos da arquitectura popular, mellorar o estado da rúa da Caramoniña e “avanzar na creación dun parque municipal de vivenda en alugueiro na cidade histórica a través da rehabilitación do patrimonio abandonado”.

A actuación conta cun investimento total previsto de máis de 931.000 euros e está incluída nos proxectos da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) Horizonte Compostela. O Concello de Santiago captou máis de 8,6 millóns de euros nesa convocatoria.

Prazos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os prazos deste contrato son tres meses desde a sinatura do mesmo para o proxecto básico; e dous meses para redactar o proxecto de execución e o estudo de seguridade e saúde. O prazo de dirección da obra é simultáneo á execución da mesma e, unha vez rematada e da recepción, hai un prazo dun mes para o libro do edificio. En total, prevese unha duración de contrato de dous anos.

Etiquetas

caramoniñapoliticaSantiago de Compostelavivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago