Os concellos de Arzúa e O Pino expresan o seu pesar polos mozos falecidos na A-54
Un grave accidente de tráfico ocorrido onte domingo na autovía A-54, á altura do concello do Pino, deixou dúas vítimas mortais: un mozo natural de Arzúa e unha moza veciña do propio municipio do Pino.
Líder Redacción
15 de septiembre de 2025 a las 15:49
A traxedia provocou unha onda de consternación nas dúas localidades, que esta mañá fixeron públicos comunicados de pesar.
Desde o Concello de Arzúa sinalaron: «Estamos sobrecollidos ante unha noticia que nos enche de dor e conmoción. Expresamos as nosas máis sentidas condolencias ás familias e amizades das vítimas neste momento tan difícil».
Pola súa banda, o Concello do Pino expresou tamén o seu fondo pesar: «Estamos profundamente consternados ante unha noticia tan dolorosa e queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias ás familias e amizades das vítimas neste momento de inmensa dor».
As dúas corporacións amosan así a súa solidariedade coas familias e amizades das vítimas, nun sinistro que deixa marcados a ambos concellos.

Os corpos de Elías Rodríguez Mera e Paula Aller Casal serán velados na capela ardente do Tanatorio Municipal de Santiago, sala “Sete”. O funeral de corpo presente celebrarase o martes 16 de setembro ás sete e cuarto da tarde, na capela do propio tanatorio de Boisaca, e a continuación terá lugar a súa incineración na intimidade familiar.
Desde Radio Líder Santiago unímonos á dor das familias e amizades, ás que facemos chegar as nosas máis sentidas condolencias.
Descansen en paz.