ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

O Concello de Ames vai crear unha Oficina de Transformación Comunitaria

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de diciembre de 2023 a las 16:53

Compartir
  • O alcalde, Blas García, destaca o compromiso da Concellería que el dirixe coa creación desta oficina que fará posible o correcto asesoramento para a creación de comunidades enerxéticas. “É a primeira vez que o Concello de Ames destina unha partida orzamentaria nesta materia, reflexo da seriedade da nosa aposta en materia de integración de enerxías renovables”
  • A oficina será de natureza principalmente virtual a través da súa propia páxina web, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo coworking A Proa
  • Este proxecto conta cun orzamento de a 145.200 euros. Para elo cóntase cunha axuda do IDAE de 80.000 euros e solicitouse unha subvención, mediante convenio de colaboración, á Deputación provincial da Coruña, por importe de 25.200 euros. O Concello de Ames achegará os 40.000 euros restantes

Ames, 29 de decembro de 2023.- O Concello de Ames porá en marcha antes do 31 de marzo de 2024 unha Oficina de Transformación Comunitaria, que ofrecerá información, asesoría e acompañamento a todos aqueles axentes que desexen implementar unha comunidade enerxética local. Este proxecto conta cun orzamento de a 145.200 euros. Para elo cóntase cunha axuda do IDAE de 80.000 euros e solicitouse unha subvención, mediante convenio de colaboración, á Deputación provincial da Coruña, por importe de 25.200 euros. O Concello de Ames achegará os 40.000 euros restantes. A oficina será de natureza principalmente virtual a través da súa propia páxina web, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo coworking A Proa.

As Oficinas de Transformación Comunitaria (OTC) son espazos físicos ou virtuais que ofrecen información, asesoría e acompañamento a todos aqueles axentes que desexen implementar unha comunidade enerxética local. As OTC están subvencionadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e teñen como obxectivo facilitar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas.

Ao Concello de Ames aprobáronlle o proxecto presentado ao programa de concesión de axudas para Oficinas de Transformación Comunitaria para a promoción e dinamización de comunidades enerxéticas (CE OFICINAS), que se enmarca na compoñente 7 «Despregue e integración de enerxías renovables» do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a execución dos fondos Next Generation EU, cuxas bases reguladoras foron establecidas mediante a Orden TED/1021/2022, do 25 de outubro do Ministerio para a Transformación Ecolóxica e Reto Demográfico. O importe concedido ao Concello de Ames ascende a 80.000 euros.

Ademais, o Concello de Ames solicitou unha subvención á Deputación provincial da Coruña, mediante convenio de colaboración, para o cofinanciamento da realización das actividades do proxecto Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames. O orzamento total ascende a 145.200 euros, sendo cofinanciado polo Concello de Ames con 40.000,00 euros, o IDAE con 80.000 euros, e a Deputación de A Coruña con 25.200 euros.

O alcalde, Blas García, explica que “esta Oficina de Transformación Comunitaria vai permitir que a veciñanza amesá se asesore sobre a formación de comunidades enerxéticas, e deste xeito, poidan abaratar a súa factura da luz”. Ademais, indicou que “é a primeira vez que o Concello de Ames destina unha partida orzamentaria nesta materia, reflexo da seriedade da nosa aposta en materia de integración de enerxías renovables”.

As OTC son formas de autoconsumo colectivo

As comunidades enerxéticas locais son formas de autoconsumo colectivo no que os participantes se benefician da enerxía que producen. É dicir, é coma se a nosa vila; incluíndo vivendas, comercios ou industrias, compartisen a enerxía que producen para facer un uso máis sostible e xusto. Por norma xeral, as comunidades enerxéticas locais utilizan a enerxía solar fotovoltaica para xerar a enerxía que logo se vai a repartir entre os membros da agrupación. Ademais, non é necesaria a instalación de paneis solares entre todos os participantes, o que fai que este sistema sexa moi accesible para quen non ten os recursos necesarios.

A función da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames fundaméntase como punto de referencia e asesoramento para o fomento de comunidades enerxéticas a nivel local. Trátase dunha iniciativa para aumentar a produción de enerxía desde a proximidade cunha visión comunitaria e participativa desde as parroquias que conforman Ames, así como no territorio dos municipios da área occidental da provincia da Coruña, ademais de servir para avanzar na transición cara a un modelo enerxético descarbonizado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Isto tradúcese na posta en marcha e funcionamento da Oficina de Transformación Comunitaria e Acompañamento, nun lugar físico e tamén virtual mediante a súa propia páxina web e redes sociais, con accesibilidade e visibilidade pública. Premendo nesta ligazón pódese acceder á páxina web da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames. As actuacións proxectadas concrétanse en accións formativas e participativas dinámicas, para sensibilizar, formar e informar os axentes intervenientes en canto ao modelo e comunidades enerxéticas, ademais do acompañamento destes axentes durante o proceso de creación e consolidación destas. Deste xeito, vanse realizar actividades de asesoramento, acompañamento, aplicación de recursos transversais e planificación. A oficina será de natureza principalmente virtual, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo coworking A Proa.

Etiquetas

ames
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación