ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Concello abre ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avda. da Coruña

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de enero de 2024 a las 19:56

Compartir

 

 

Esta mañá quedou aberto ao tráfico o Campiño da Ferradura de maneira provisional, mentres se manteña o corte da Avenida da Coruña por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. O obxectivo é facilitar unha saída a maiores para os vehículos que circulan pola avenida das Burgas.

Coa apertura do Campiño da Ferradura os vehículos que circulan pola Avenida das Burgas poderán sair pola rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, opción preferible se se dirixen cara Galeras; ou por Campiño da Ferradura para incorporarse á rúa do Pombal, opción preferible para os vehículos que se dirixen ao centro da cidade.

A Avenida da Coruña, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida Antonio Raimundo Ibáñez, e a avenida de Compostela, no tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e a avenida das Burgas, quedaron pechadas ao tráfico o pasado luns por mor das obras de reurbanización do Campus Sur.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O tráfico procedente da rúa de Rosalía de Castro é desviado pola avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continúa polo tramo aberto da avenida de Compostela e Cruceiro do Gaio, e agora tamén polo Campiño da Ferradura.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.