ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesDestacadoNoticia Líder

O Club Vía Láctea reúne sendeirismo, marcha nórdica e actividades de montaña en Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de febrero de 2026 a las 10:49

Compartir
  • Falamos con María José Rodríguez, presidenta do Club Vía Láctea, no noso espazo de deporte local, patrocinado por Sicilia in Bocca, para coñecer a historia da entidade, a súa evolución e os retos da nova etapa como club de montaña

O Club Vía Láctea atravesa un momento de consolidación e crecemento tras máis de dúas décadas de traxectoria vinculada ao deporte e á natureza en Santiago de Compostela. Así o explicou a súa presidenta, María José Rodríguez, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, na que repasou as distintas etapas dunha entidade que soubo adaptarse co paso do tempo sen perder o seu espírito asociativo.

O club naceu o 29 de xullo de 1999 en Castrón Douro, coincidindo coa inauguración do Multiusos Fontes do Sar, cunha oferta inicial de actividades deportivas como natación, tenis ou fútbol. Anos despois, en 2008, produciuse un punto de inflexión coa realización do Camiño Portugués ao seu paso por Conxo. “Ese Camiño marcou un antes e un despois e levounos a seguir facendo andainas e rutas”, explicou Rodríguez.

A partir dese momento, o sendeirismo pasou a ser a actividade central do club, cunha intensa implicación na promoción dos Camiños de Santiago e na organización de rutas que chegaron a mobilizar centos de persoas. Nos anos seguintes, o Club Vía Láctea consolidou unha programación estable e abriu a porta a novas disciplinas, mantendo sempre un forte vínculo co territorio.

Un dos pasos máis relevantes foi a incorporación da marcha nórdica en 2018, unha modalidade pouco coñecida daquela en Galicia e que esixiu un importante labor de divulgación. “Custou moito dala a coñecer, pero hoxe podemos dicir que somos unha referencia a nivel autonómico”, sinalou a presidenta. O club combina actualmente formación, práctica regular e participación en competicións, aínda que segue a ser un reto achegar esta disciplina á poboación máis nova.

Nos últimos anos, o Club Vía Láctea deu un novo salto coa integración de actividades de montaña como a escalada, o montañismo ou o barranquismo, grazas ao acordo alcanzado con Inclube, o club de escalada de Santiago. Unha fusión que, segundo explicou Rodríguez, supón unha continuidade do traballo realizado ata agora. “Non é un final, é unha continuidade; queremos escoitar ás persoas socias e saber que necesita a montaña na cidade”, afirmou.

Este impulso reflíctese tamén no número de persoas asociadas. O club pasou de pouco máis de cen socios hai uns anos a superar na actualidade os 175, un crecemento rápido que trae consigo novas necesidades. Entre elas, a máis urxente é dispoñer dun local axeitado para gardar material técnico de escalada e alpinismo, fundamental para garantir a seguridade e o bo estado do equipamento.

Na actualidade, o Club Vía Láctea ten a súa sede no Centro Sociocultural de Conxo, un espazo desde o que coordina a súa actividade diaria e mantén o contacto coa veciñanza e co tecido asociativo do barrio.

Ademais da actividade deportiva, o club mantén unha estreita relación co medio natural, incorporando propostas como a horticultura e actividades formativas vinculadas á natureza máis próxima. A programación complétase con saídas dun día, fins de semana, viaxes fóra de Galicia e unha gran saída anual internacional, que en 2026 terá como destino Albania, nunha proposta que combina sendeirismo e contido cultural.

Desde a entidade animan á cidadanía a achegarse e coñecer o club de primeira man. “Todo o mundo pode vir, probar e preguntar; estaremos encantados de recibilos”, concluíu María José Rodríguez durante a entrevista.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Club Vía Láctea SantiagoDeporte local SantiagoMarcha nórdicaMaría José Rodríguez Club Vía LácteaSantiago de CompsotelaSenderismo y marcha nórdica Santiagosicilia in bocca
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.