ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O club Ames Atletismo Savante pecha xuño con logros a nivel autonómico e nacional

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de julio de 2025 a las 14:54

Noa Rey e Icía Ares

Compartir

O club Ames Atletismo pechou un mes de xuño cunha listaxe de logros e medallas acadados tanto a nivel galego como a nivel nacional

Na fin de semana do 15 de xuño, tivo lugar o Campionato Galego sub-14, unha cita na que o club amesán acadou varios metais: Juan Pernas, medalla de prata nos 2000m marcha; Arón Grille, bronce tamén na proba dos 2000m marcha; Lara Suárez, bronce nos 1000m de obstáculos e Carla Abeal, tamén bronce na proba de lanzamento de peso

O 21 de xuño, o atleta do club amesán, Alan Cadavid, acadou o título de campión galego sub-16 na proba de lanzamento de martelo

Na derradeira fin de semana de xuño, Icía Ares acadou a medalla de ouro e Nicolás Collazo a de prata nos 5.000m marcha no Campionato Galego Absoluto

Ames, 3 de xullo de 2025.- O club Ames Atletismo pechou o mes de xuño cunha listaxe de logros acadados en varias competicións, tanto a nivel galego como a nivel nacional.

Na fin de semana do 7 e 8 de xuño, o club amesán contou con representantes en dúas citas deportivas. A primeira delas, no Campionato de España Sub-14 disputado en Albacete, no que o atleta Juan Pernas participou en triatlón E (80m lisos, xabalina e 2000m marcha), acadando un gran 18º posto na súa estrea nun campionato nacional. Por outra banda, esa mesma fin de semana, as atletas Noa Rey e Icía Ares, formaron parte do ascenso do Ourense Atletismo, club asociado ao Ames Atletismo, á primeira división nacional.

Na mesma liña, xa o día 15, tivo lugar o Campionato Galego Sub-14, proba na que participaron 11 atletas do club amesán. Nesta cita, destacaron os resultados acadados por Juan Pernas, medalla de prata nos 2000m marcha; Arón Grille, bronce tamén na proba dos 2000m marcha; Lara Suárez, bronce nos 1000m de obstáculos e Carla Abeal, tamén bronce na proba de lanzamento de peso.

Por outro lado, na fin de semana do 21 de xuño, o atleta do club amesán, Alan Cadavid, acadou o título de campión galego sub-16 na proba de lanzamento de martelo. Con este resultado, Cadavid colouse no primeiro posto do ranking galego, o que lle permitiu acadar a mínima marca para poder disputar o Campionato de España Sub-16 en pista, que terá lugar en Gijón os días 12 e 13 de xullo.

Un ouro e unha prata no Campionato Galego Absoluto

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

E, finalmente, na derradeira fin de semana do mes de xuño, do 28 e 29, tivo lugar o Campionato Galego Absoluto, no que participaron 6 atletas de Ames Atletismo: Lucía Quintáns e Noa Rey nos 400m valla; Mariela Quijano nos 800m; e Nadir Moreira, Icía Ares e Nicolás Collazo nos 5.000m marcha. Nesta competición, destacan os resultados acadados por Icía Ares, ouro, e Nicolás Collazo, prata, ámbolos dous na proba dos 5.000m marcha.

Etiquetas

amesatletismolub Ames Atletismo Savante
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación