ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolíticaSociedad

O Camiño da Ría de Muros Noia descobre a ruta de Querini

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de junio de 2025 a las 16:19

Compartir
  • “O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela” será presentado o próximo martes 10 de xuño no Museo das Peregrinacións de Santiago

6 de xuño de 2025.- O Camiño da Ría de Muros Noia continúa de estreas editoriais. Ás presentacións da súa primeira guía, “El Camino de Santiago de la Ría de Muros Noia” de Antón Pombo, e do primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia, “Tu camino está en el mar. Peregrinaciones marítimas 2025”, agora súmase o libro “O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela”.

Este libro é froito dun traballo de investigación de varios anos realizado polos arqueólogos Mario César Vila e Sofía Baqueiro; o historiador Anxo Rodríguez; o urbanista Javier González Harguindey; e os arquitectos Marcial Rodríguez, Alberto Redondo e José Valladares. Unha publicación editada pola Asociación de Concellos da Ría de Muros Noia en tres idiomas: galego, inglés e italiano.

A súa edición en inglés ten como obxectivo reforzar a candidatura da Vía Querinissima a itinerario cultural europeo do Consello de Europa, cuxo expediente será presentado a finais deste mes de xuño en Estrasburgo. A escolla do italiano débese á importancia capital que a figura do mariñeiro e comerciante veneciano Pietro Querini ten en Italia en xeral, e na rexión do Véneto en particular. De feito, os primeiros exemplares en italiano deste libro foron entregados polo presidente da asociación, Santiago Freire Abeijón, ao presidente do Consiglio Regionale del Véneto, Roberto Ciambetti, e á directora da Asociación Vía Querinissima, Nicoletta Martorana, durante a súa recente viaxe oficial a Venecia a finais de abril.

Importancia de Pietro Querini

“Trátase dunha publicación centrada no itinerario seguido por Querini entre Muros e Santiago aquel 26 de outubro do ano 1431 e que está baseada no estudo de historicidade do Camiño da Ría de Muros Noia, que editamos en 2022”, explica Freire Abeijón, presidente da Asociación e alcalde de Noia, quen sinala que este libro “supón un importante paso adiante para conseguir que a Vía Querinissima sexa recoñecida como itinerario cultural europeo pola Comisión Europea”. Un recoñecemento que suporía un importante impulso económico e turístico para os nove municipios integrados na Asociación de Concellos da Ría de Muros Noia, toda vez que o seu produto turístico “O Camiño Marítimo de Santiago”, promovido xunto ás navieiras Sailway e Julio Verne Náutica, a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA) e o Monte Real Club de Yates de Baiona, segue precisamente os pasos da viaxe de Pietro Querini.

A Asociación Internacional Vía Querinissima é unha entidade cultural sen fins de lucro xurdida hai máis dunha década a raíz dun primeiro acordo de amizade entre os municipios de Rost (Noruega) e Sandrigo (Italia) e despois dun convenio de cooperación cultural e económica entre as rexións de Nordland e Véneto. O seu itinerario, denominado Vía Querinissima, inclúe dúas rutas: por mar (a primeira parte da viaxe de Pietro Querini que acabou en naufraxio e que pasou por Muros) e por terra (cando retornou a Venecia co seu cargamento de bacallau). En ambos os dous casos, a asociación promove un turismo cultural e enogastronómico pausado e sostible, que une cidades e rexións de trece países distintos.

Presentación do libro

“O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela” será presentado oficialmente o próximo martes 10 de xuño, ás 12:00 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Un acto que contará coa participación de Santiago Freire, presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia; Mario César Vila, arqueólogo e coautor da obra; Marcelino Agís, presidente da Academia Xacobea; e María Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Todas as persoas que asistan serán obsequiados cun exemplar do libro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Un evento organizado pola Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, en colaboración coa Xunta de Galicia, a asociación Vía Querinissima e o Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Etiquetas

ruta de Queriniruta muros noia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.