ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDestacadoSociedad

O ‘Bono Deporte’ de 120€ da Xunta estará activo o 8 de xaneiro

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de diciembre de 2023 a las 18:45

Compartir
  • O Bono axudará ás familias a sufragar o 80 % das compras de material e equipamento ou a asistencia a clases de actividades deportivas e poderá utilizarse ata o 1 de xullo de 2024
  • Resalta que o obxectivo é promover o deporte entre os cativos para que “socialicen entre si, o pasen ben e medren con máis saúde”
O Porriño (Pontevedra), 12 de decembro de 2023.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que as familias poderán descargar a partir do 8 de xaneiro o Bono Deporte de 120 euros ao que poderán acceder todas as que teñan fillos, de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade. O obxectivo “é chegar a 135.000 rapaces e rapazas” para o que o Goberno galego vai investir “máis de 16 millóns de euros”.

Rueda puxo en valor esta nova medida de apoio á práctica deportiva impulsada pola Xunta, recollida nos Orzamentos de 2024, durante a súa visita a dous pavillóns deportivos do Porriño, mentres os cativos participaban en actividades, e na que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e polo secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete.

O Bono Deporte vai axudar ás familias a sufragar o 80 % das compras en material de equipamento ou do custe da asistencia a clases de actividades deportivas. O obxectivo é promover a práctica de exercicio entre os máis cativos. “Se fomentamos o deporte e conseguimos que o ocio de moitos rapaces -agora que hai moitas alternativas- sexa o deporte, estaremos facendo algo bo”, indicou Rueda, quen resaltou que con este Bono, a Xunta busca que os rapaces “socialicen entre eles, o pasen ben e medren con máis saúde”.

Poderá ser empregado ata o 1 de xullo

Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas e poderán facer uso del ata o 1 de xullo. Precisamente, hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas, así como as condicións e prazos para as entidades que se queiran unir ao programa. Poderán facelo desde mañá ata o 30 de decembro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta nova axuda enmárcase dentro das que se incorporarán con cargo aos Orzamentos de 2024 e que se activarán a partir de xaneiro. Entre elas, están o Bono Coidados no Fogar con 5000 euros anuais a persoas dependentes que son coidadas nas súas casas; á gratuidade do bus da rede autonómica para as persoas maiores de 65 anos, que tamén serán beneficiarias da nova tarxeta +65 con bonificacións e descontos; ou á aplicación da cota cero para o primeiro ano de actividade dos que decidan emprender como autónomos.

Etiquetas

bonodeportexunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro
Deportes

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

E-motion roza o podio no seu primeiro ano no Campionato de España
Deportes

E-motion roza o podio no seu primeiro ano no Campionato de España