ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

«O BNG non quere unha taxa turística, senón un xoguete para seguir desgastando á Xunta»

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, referíndose a posible posta en marcha dunha taxa turística para Santiago, amosou hoxe a súa preocupación “por estar preto de perder unha oportunidade para a cidade, xa que a incompetencia do BNG pode convertela nun fracaso colectivo”.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de julio de 2024 a las 19:54

Compartir

Para Verea, é claro que “temos que construír unha taxa de todos e para todos ou nunca haberá taxa turística, pero o BNG, onte, volveu a caer no mesmo erro e non presentou unha taxa turística de cidade, senón que presentou unha taxa do BNG contra a Xunta de Galicia”.

“O que pode ser unha boa medida para os veciños de Compostela, subliñou, queren convertela nun novo xoguete o BNG para seguir desgastando a outras administracións. Quen perde?, os cidadáns de Santiago”.

No transcurso da rolda de prensa, remarcou que “o informe que se presentou onte é o mesmo documento, pero un ano máis vello e sen ningún avance, a terceira rolda de prensa para presentar o mesmo”.

“Para seguir avanzando nesa taxa turística, de todos e para todos, nós pediamos tres cousas: que se aclarase o destino dos fondos recadados; que se construíse un gran consenso social e económico arredor desta medida; e  que se xustificase a masificación turística e hoteleira, despois dun ano, non hai ningunha destas cousas feitas. Traballo cero”, indicou.

O popular destacou que, en canto o destino dos fondos, os nacionalistas, non aclararon nada, sendo isto o máis importante, “por que, para que queremos unha taxa turística se non é para mellorar a calidade de vida dos santiagueses, isto non está na proposta do BNG. No documento dise, claramente, que, do recadado, o 80% terá a condición de financiación incondicionada, polo que, unha vez cobrado o imposto, o BNG pode empregalo para no que lle dea a gana”.

O popular pregúntase: “non quererán dedicalo a contratar máis asesores?, porque eses 3 millóns de euros que pretenden recadar coa taxa é o que gastan, cada ano, en asesores, altos cargos e demais salarios do seu goberno, hai que lembrar que teñen o dobre de asesores que Sánchez Bugallo e, practicamente, multiplican por tres o número de altos cargos, con salarios de 75.000 euros, ao mellor, reducindo á metade o sultanato de asesores de Sanmartín, xa non facía falta taxa turística. Repito, eses 3 millóns que se pretenden recadar é o que se despilfarra en altos cargos”.

“Pedímoslle tamén que se traballase en construír un gran consenso social e económico, que apoio ten, neste eido, despois dun ano?, con quen se reuniron?, que aportacións fixeron as institucións máis importantes desta cidade para mellorar a proposta?, que adhesións públicas, tras traballar colectivamente o texto, coñecemos? ningunha, porque non fixeron absolutamente nada”, agregou Verea.

Políticas letais para Santiago

Ademais, o líder popular remarcou que “falan de clamor social e volven a retratarse como uns malos gobernantes, con políticas letais para Santiago, non se pode gobernar en base a supostos clamores sociais, iso só o fan ás repúblicas bananeiras, hai que gobernar construíndo consensos e buscando o interese público”.

Insistiu en que os nacionalistas falan de clamor social, pero “clamor social é o despilfarro en asesores e altos cargos do goberno máis caro da historia de Compostela, ou que ningún concelleiro ou alcaldesa do BNG asuma responsabilidades por desfacer a praza do Obradoiro, a pesar dun informe negativo de patrimonio; ou que nun ano de goberno, o BNG teña a xestión económica en colapso técnico, multiplicando por dúas as facturas pendentes de pago cerca dos 20 millóns de euros”.

“A terceira cuestión que lle pediamos para traballar nesa taxa de cidade, dixo, era a xustificación desa masificación e preguntámonos: pode haber masificación, cando os hoteis están ao 60 % de ocupación de media anual?” e preguntouse: “a presión puntual dos visitantes, en determinados días, sitios e horas, non será consecuencia dos excursionistas?, por que non hai, polo tanto, unha taxa para excursionistas, cuxa implantación depende única e exclusivamente do Concello?”.

“Se eu fose alcalde, indicou, a taxa sobre excursionistas estaría xa aplicada e, en lugar diso, volvemos a presentar o mesmo informe que o ano pasado, porque chega o verán e non fixemos nada, pero hai que dar noticias”, remarcou.

Borja Verea destacou que “a incompetencia do BNG vai en camiño de converter unha oportunidade de todos e para todos, nun novo fracaso colectivo, estamos ante unha taxa do BNG que pensa máis nos seus intereses partidistas que nos colectivos”.

Danos na praza do Obradoiro

Durante a súa intervención o popular tamén fixo referencia aos danos na praza do Obradoiro, situación que calificou como “extremadamente grave, onde hai responsabilidade política e xurídica dos concelleiros do BNG e onde dúas institucións tan importantes como o Valedor do Pobo e a Xunta de Galicia acaban de abrir dilixencias contra o Concello de Santiago”.

Lembrou que antes de comezar as festas da Ascensión, os nacionalistas recoñecían que había un informe de patrimonio que prohibía as actuacións previstas no Obradoiro con tráileres de 40 toneladas, “supoñemos que se o informe era desfavorable é que se prevía que se xeraran danos”.

Por todo isto, Verea reiterou a súa petición de “que se faga público o informe de patrimonio, xa que, tras as actuacións, foron visibles, durante moitos meses, importantes danos xusto na zona onde se instalaron estes grandes vehículos”. Ademais, hai poucas semanas, coñecíamos a existencia de importantes fendas xusto debaixo de onde se ubicaron os grandes tráileres, nos baños públicos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Aínda se descoñece se os danos foron xa analizados polos técnicos e se son consecuencia dos concertos prohibidos polo informe de patrimonio. “Non podemos -dixo- permitir que, con un informe negativo, se autorizasen eventos que desfixeron o noso patrimonio, polo que queremos coñecer o informe e quen autorizou as actuacións; se os danos materiais son consecuencia desas actuacións; e se alguén vai a asumir responsabilidades, porque é a primeira vez que un goberno de Santiago autoriza un evento, na praza do Obradoiro, cun informe negativo”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.