ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O BNG de Teo organiza unha xornada formativa arredor da menopausa

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de noviembre de 2025 a las 12:04

Foto: Xaime Cortizo

Compartir

Distintas especialistas participarán no acto que terá lugar o mércores 5 de novembro ás 19.30 na mediateca do Grilo, en Cacheiras 

A médica e deputada Iria Carreira destaca a necesidade de «visualizar» desde distintas ópticas esta etapa silenciada do ciclo vital das mulleres

Teo, 03 de novembro de 2025.- Poñer o foco na menopausa para visibilizar esta etapa silenciada do ciclo vital das mulleres desde distintas ópticas é o obxectivo da xornada formativa que o BNG de Teo organiza o próximo mércores día 5 de novembro na mediateca do Grilo ás 19.30 horas. Distintas especialistas participan neste encontro que analizará a menopausa desde disciplinas como as da medicina, ou a fisioterapia. 

A médica e deputada no Parlamento Galego, Iria Carreira, a matrona María José Carrete e a fisioterapeuta Iria Rei son as participantes na xornada formativa promovida polo BNG de Teo que busca responder a preguntas, ofrecer pautas e presentar propostas dun tema que en poucas ocasións chega ao espazo público cun formato de acto aberto como o que propón a organización nacionalista. 

«As mulleres temos sufrido invisibilización ao longo do tempo, tamén no que se refire á nosa saúde e o noso benestar e esta iniciativa quere contribuír a romper con esta situación nun tema que foi especialmente silenciado», sinala a deputada e médica Iria Carreira. 

A xornada quere, desta maneira, botar luz sobre unha etapa do ciclo vital das mulleres e demandar unha maior atención por parte das institucións competentes, de maneira especial, a Xunta de Galicia. A deputada Iria Carreira considera que, até o de agora, a menopausa «ten sido considerada un tema tabú, tense tratado como se fose unha alteración e medicalizado como unha patoloxía cando é unha parte máis da nosa vida que é preciso coñecer, falar dela e compartir experiencias». 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste sentido, destaca a relevancia e singularidade da actividade organizada polo BNG, aberta ao público, para convocar a mulleres que teñen afondado no tema desde os seus distintos ámbitos de traballo que exporán as súas visións e propostas arredor da menopausa «sacándoa ao espazo público para que as mulleres podamos rachar dunha vez por todas con esa invisibilización constante da nosa saúde» , engade Carreira.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.