ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O BNG condena os ataques de Estados Unidos contra Venezuela

Santiago de Compostela, 3 xaneiro 2026.- Os ataques producidos nesta madrugada polo exército dos EUA contra a cidade de Caracas e outros puntos do territorio da República Bolivariana de Venezuela constitúen unha agresión militar que vulnera o Dereito Internacional, nomeadamente a Carta das Nacións Unidas, e supoñen unha gravísima ameaza contra a paz e a seguridade a nivel rexional e internacional.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2026 a las 12:17

Compartir

Diante destes feitos desde a Executiva Nacional do BNG expresamos o seguinte:

1.     A nosa rotunda e enérxica condena contra esta agresión que supón um uso ilexítimo e ilegal da forza e que se insire na violenta escalada belicista promovida polos Estados Unidos de América. Unha escalada alentada polo afán imperialista de se apropiar dos recursos estratéxicos de Venezuela, así como por recuperar o control neocolonial da América Latina.

2.     O noso apoio ao pobo da Venezuela e a súa institucionalidade democrática, ratificándonos no noso compromiso internacionalista, antiimperialista e pacifista.

3.     A demanda dunha resposta inmediata e firme por parte dos organismos multilaterais, a principiar pola ONU, e do conxunto da Comunidade Internacional esixindo a fin destes actos de agresión e a preservación da paz, a seguridade e o estrito respecto á soberanía e integridade da República Bolivariana de Venezuela.

4.     Reclamar unha condena clara desta agresión militar por parte da Xunta de Galiza e do Goberno español, así como o despregamento de todas as accións precisas para ofrecer apoio e protección á poboación galega residente en Venezuela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

5.     Chamar ao pobo galego a expresar a súa solidariedade con Venezuela e a defender a paz, esixindo a resolución de calquera conflito a través da diplomacia e sempre desde o respeito á autodeterminación dos pobos e á súa soberanía.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.