ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O BNG alerta sobre a situación extrema en que se atopa o Centro de Saúde de Santa Comba

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de febrero de 2026 a las 11:31

Compartir
  • O responsábel local, Juan David Sixto, participou nunha visita ás instalacións xunto con representantes do BNG e da CIG
  • Lembra que, ademais dos problemas para as persoas usuarias, existe unha comunicación de risco laboral detectado sen que o Concello fixera nada para solucionar a situación
  • Denuncia que, a pesar das reclamacións previas, a temperatura de traballo e atención a usuarias continúa a ser de 12º 

Santa Comba, 4 de febreiro de 2026.- O responsábel local do BNG, Juan David Sixto, participou nunha visita para denunciar, unha vez máis, o «lamentábel estado en que se atopa o Centro de Saúde, en risco tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras». Xunto a Sixto, participaron na visita representantes do BNG como a deputada Iria Carreira e representantes de CIG- Saúde.

O BNG de Santa Comba lamenta que, a pesar das reiteradas denuncias públicas e iniciativas presentadas tanto no Concello como no Parlamento Galego, o Centro de Saúde «continúa a estar en condicións lamentábeis que poñen en cuestión tanto o propio goberno municipal como ao goberno da Xunta xa que, como se ve, desatenden unha infraestrutura básica e descoidan tanto á veciñanza como ás persoas traballadoras».

Na visita comprobaron de novo as gravísimas deficiencias para as que o BNG reclamou solucións nos distintos ámbitos institucionais desde hai máis de dous anos, «atopando o muro do goberno municipal e da Consellaría de Sanidade que continúan a marxinar e maltratar a veciñanza de Santa Comba».

Ás reclamacións do BNG súmase á que a CIG dirixiu recentemente á xerencia da Área Sanitaria de Compostela e Barbanza na que lembran que existe unha comunicación de risco laboral detectado. A comunicación foi remitida ao concello de Santa Comba e versaba sobre as deficiencias nos equipos e nas instalacións por incumpriren a normativa e xeraren riscos engadidos ademais de un informe específico sobre a sala de caldeiras. Engadiuse tamén unha proposta de requirimento por parte da Inspección de Traballo para que se solucionen os problemas. Polo de agora, non houbo ningunha reacción por parte das institucións implicadas.

12º intolerábeis

Na visita, representantes da CIG explicaron que os 12ºC do Centro e Saúde son «totalmente intolerábeis» e afectan tanto á capacidade asistencial e ao benestar de persoas traballadoras e usuarias  e lamenta falta de colaboración do goberno municipal. Ademais, urxe, segundo destacaron, máis persoal de Servizos Xerais e solucionar os fallos detectados na instalación eléctrica que supoñen riscos engadidos nas instalacións.

O BNG denuncia que a situación é xa «de extrema precariedade» con con graves deficiencias nas infraestruturas e falta de espazo que dificulta a actividade. O portavoz municipal do BNG, Juan David Sixto, insiste en que  «Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e o BNG esixe as melloras necesarias no centro de saúde» e lamenta a «inoperancia dun goberno municipal que dá as costas a veciñanza do concello».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Repiten que xa denunciaron en distintas ocasións os graves problemas do centro, as deficiencias na climatización que o fan insoportábel non só no inverno polo frío senón tamén no verán polo calor, as eivas do mobiliario e a escaseza e espazos que fan moi difícil a actividade sanitaria polo que esixiu que se executasen as accións necesarias e mesmo unha reforma integral ou a construción un novo edificio dado o grao de deterioro do actual.

Etiquetas

bngcentro de saudedenunciasanidadeSanta comba
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027
Actualidad

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027