ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolíticaSalud

O BNG advirte da “dramática situación” dos pacientes oncolóxicos na área de Santiago-Barbanza

Santiago de Compostela, 2 maio 2024.- O PP rexeitou no Parlamento a proposición non de lei do BNG para que a Xunta dimensione de xeito urxente e adecuado os cadros de persoal de todas as categorías de Oncoloxía do CHUS, realizando as contratacións que sexan oportunas, e acometer unha mellor planificación da actividade asistencial para evitar atrasos nas consultas e revisións que non atendan a criterios clínicos.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de mayo de 2024 a las 19:22

Compartir

O PP vetou a iniciativa nacionalista pese a que a deputada Iria Carreira advertiu da “dramática” situación que sofren as pacientes oncolóxicas da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, dada a acumulación de “meses de atraso” nas súas citas de revisión, contrarias a calquera criterio clínico ou sanitario e que teñen repercusións sobre a súa saúde, tal e como denuncian as propias doentes, que mesmo acudiron á Valedoría do Pobo “ante o desleixo da xerencia da área sanitaria e do Sergas”.

Carreira explicou na comisión parlamentaria de Sanidade que estas demoras tamén se estenden ás probas diagnósticas para controlar a evolución das patoloxías destas pacientes, probas coas que se comproba por exemplo a diminución ou medre dun tumor e que son moi importantes na toma de decisións terapéuticas.

Diante desta situación, a portavoz de Sanidade Hospital recalcou as consecuencias obvias para a saúde física das doentes polas propias características da patoloxía e tamén polos tratamentos, con fármacos que poden ter efectos secundarios que cómpre vixiar. Mais tamén consecuencias sobre a súa saúde mental, con angustiosas esperas por unha cita de revisión, “coa incerteza de non saber como evoluciona a súa saúde”.

“Chove sobre mollado”, recriminou Carreira ao PP logo de advertir que as denuncias polas condicións da atención que reciben as pacientes oncolóxicas “veñen de tempo”. “Doentes que agardan horas para poderen recibir o seu tratamento de quimioterapia intravenosa porque non hai enfermeiras suficientes para poñeren o tratamento, ou doentes que teñen que agardar para recoller a medicación oral na consulta de farmacia pola sobrecarga que se dá tamén nesta consulta, totalmente infradotada”, afondou.

Neste sentido, tamén lembrou que xa hai un ano que o BNG levou ao Parlamento a denuncia desta situación, agudizada naquel entón pola situación de sobrecarga  do persoal facultativo, que asumía a realización de gardas e reforzos de área médica no Hospital do Barbanza pola falta de especialistas en Medicina Interna neste centro hospitalario, “coa sobrecarga consecuente para as facultativas e os trastornos no servizo á hora de cubrir os descansos regulamentarios”, recalcou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A deputada nacionalista explicou que todo isto é consecuencia do “desmantelamento que se vén dando na sanidade pública”, cuns cadros de persoal no caso do servizo de oncoloxía que non responden ás necesidades que ten a día de hoxe. “Porque falamos da escaseza de oncólogas que ten o servizo, cunha rateo de pacientes por profesional abrumadora, pero falamos tamén da escaseza de enfermeiras, auxiliares ou farmacéuticas, un persoal que se mantén deliberadamente na precariedade, cunha sobrecarga laboral importante, e que está a asumir nas súas costas o deterioro da sanidade pública por mor das políticas do Partido Popular”, concluíu.

Etiquetas

barbanzadenuncianoticiasoncoloxicospacientesradio lider santiagosanidadesantiagosaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»