ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

O auditorio do Milladoiro acolleu os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

Ames, 8 de maio de 2024.– A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento foi organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brindou recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de Galicia. As fotos da gala foron realizadas por Miguel Lamas. Pódese acceder á galería do evento nesta ligazón.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2024 a las 18:22

Compartir

No acto, conducido pola actriz María Bañobre caracterizada coma o seu personaxe no espectáculo Deadpan Karaoke, estiveron presentes o alcalde e concelleiro de Cultura do Concello de Ames, Blas García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil.

Durante a gala, o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, agradeceu o traballo que realizan todas as persoas vencelladas á escena galega, “porque a cultura é un elemento fundamental e é grazas a elas que podemos desfrutala”. Así mesmo, fixo unha mención especial ao persoal técnico dos departamentos municipais de Cultura que traballan para achegar a cultura a todos os recunchos dos seus municipios.

Entre as axentes recoñecidas nesta edición, destacou a distinción como nova socia de Honra da Asociación a Títeres Cachirulo ou unha mención especial á revista Erregueté, publicación especializada en escénicas referencial no país, na categoría “Longa travesía no deserto”. Así mesmo, Madó Santos (ex-técnica de cultura, xubilada, do Concello de Muros) recibiu recoñecemento sectorial á súa traxectoria por “Toda unha vida a sachar”.

A Casa Vella de Amiadoso obtivo o recoñecemento de proxecto “Do rural ao universal” polo seu traballo en prol da dinamización das artes escénicas na contorna non urbana. Tamén houbo unha mención especial “ao compromiso feminista entre caixas” para Fátima Rodríguez-Consultora Promove e o recoñecemento “Ás pioneiras da escaleira e do patch”, para Ana Díaz Calvo, profesional técnica de iluminación e de son.

Os recoñecementos

A comisión seleccionou categorías aglutinadoras que recollesen a vontade de Escena Galega de poñer en valor o traballo realizado polas persoas, entidades e axentes recoñecidos. Así, quere destacar o traballo e contribución de:

  • Títeres Cachirulo, socia de honra da asociación. En recoñecemento á súa contribución á cultura galega e ao teatro de monicreques durante os case 40 anos de traxectoria como entidade de produción e exhibición, sendo un exemplo na posta en valor da disciplina dentro e fóra das nosas fronteiras.
  • Fátima Rodríguez-Consultora Promove, “Ao compromiso feminista entre caixas”. En recoñecemento ao seu traballo en prol da igualdade real entre homes e mulleres dentro do ecosistema escénico galego, con accións como o desenvolvemento do Protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo/xénero nas artes escénicas e musicais, texto pioneiro no conxunto do Estado.
  • Madó Santos, “Toda unha vida a sachar”. En recoñecemento ao seu arduo traballo de deseño, xestión e programación de artes escénicas profesionais no concello de Muros, posicionando esta praza como municipio galego que máis inviste en cultura por habitante anualmente.
  • A Casa Vella como proxecto “Do rural ao universal”. En recoñecemento ao traballo feito ao longo dos seus 3 anos de existencia en prol da dinamización e creación das artes escénicas galegas dende a contorna rural, o seu gran traballo na creación de públicos e o seu modelo de busca de financiamento e xestión, posto en valor noutros foros a nivel estatal.
  • Erregueté-Revista Galega de Teatro, “Á longa travesía no deserto”. En recoñecemento a súa exemplaridade e esmerado desempeño na difusión das artes escénicas galegas como publicación que conxuga dende os seus inicios información, creación, divulgación e estudo das nosas escénicas. Por atender a todas as disciplinas ao longo dos anos co rigor que merece a súa heteroxeneidade, a pesardes das eivas de financiación e o deficiente apoio público cos que a editorial conta e contou.
  • Ana Díaz Calvo, “Ás pioneiras da escaleira e do patch”. En recoñecemento ao seu traballo ao longo dos anos como unha das poucas profesionais técnicas da súa xeración, dende a empresa TEDAGA, recoñecendo por extensión a todas as mulleres técnicas de artes escénicas do país.

A comisión de selección

A comisión encargada de seleccionar ás persoas e entidades recoñecidas estivo composta por Patricia de Lorenzo González (Chévere Teatro, presidenta de Escena Galega) e Diego Vázquez Meizoso (xerente da asociación), en calidade de secretario -con voz mais sen voto-. Tamén se convidou a outras dúas persoas alleas á entidade co obxectivo de asegurar unha maior imparcialidade e diversidade nos criterios. Cristina Domínguez Dapena (profesora da ESAD, directora escénica e ex-directora do Centro Dramático Galego) e Antonio Porteiro Domínguez (responsable técnico do Pazo da Cultura de Carballo) foron as encargadas de aportar unha visión externa na selección de persoas e iniciativas candidatas a recoñecemento.

A peza dos recoñecementos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tal e como se estipulou na primeira edición deste evento, Escena Galega encargou a peza física dos recoñecementos a distintas creadoras e creadores galegos, dándolles total liberdade para que o recoñecemento sexa orixinal e diferente en cada edición. Este ano asumiu a encarga Esther Quintas, artesá e ceramista viguesa, que deseñou as pezas entregadas en todas as categorías.

Etiquetas

agadicamesArtes Escénicasculturaescena galegagaliciamilladoiroradio lider santiagorecoñecementos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación