ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDestacado

O amesán Jorge Sanmartín Villanueva, bronce na Copa de Europa de patinaxe artístico

Jorge Sanmartín, que forma parte do club de patinaxe Sarela, vén de acadar o terceiro posto na Copa de Europa de Patinaxe Artístico que se celebrou na localidade croata de Pula os días 3,4 e 5 de novembro. O deportista amesán repetiu o mesmo exercicio que lle valeu para clasificarse co sexto posto no Campionato de España engadindo cambios para aumentar a dificultade do mesmo. A delegación española de modalidade libre conseguiu un total de 20 medallas con seis ouros, seis pratas e oito bronces.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de noviembre de 2023 a las 17:22

Compartir
Jorge Sanmartín Villanueva, bronce na Copa de Europa de patinaxe artístico

O deportista mostrouse congratulado polos resultados obtidos e declarou estar “moi contento e moi orgulloso pois “este é un peche perfecto á tempada. Todo o traballo que levo facendo durante a miña vida estase vendo recompensado e é algo moi gratificante”. Jorge destacou tamén o gran nivel de patinaxe existente en España, que cualifica como “un país punteiro que consegue un gran número de medallas”. Sanmartín, que non cree nas casualidade nin na sorte recorda que “este é un éxito logrado co esforzo de moito tempo, non se consegue dun día para outro” e que “todo está moi traballado”. Na actualidade xa está a traballar na preparación da seguinte tempada na que pretende “aumentar a dificultade dos exercicios que executa e repetir os bos resultados desta”.

A adestradora de Jorge e presidenta do CP Sarela, Celtia Pampín, cualificou o resultado do seu alumno como “o cumio perfecto a unha gran tempada” e destacou o a dificultade de clasificarse neste torneo entre os tres primeiros: “Fomos pouco a pouco, xa foi un logro a clasificación á Copa de Europa polo que acadar o terceiro posto representado a esta federación é todo un orgullo”, finaliza Pampín.

O logro de Sanmartín non pasou desapercibido no Concello de Ames, que planea unha recepción como forma de recoñecer o seu esforzo e agradecer a difusión que fai do municipio polo mundo enteiro. O alcalde de Ames, Blas García, explicou que “grazas a Jorge, hoxe Ames é un pouco máis coñecido” e augurou que “este terceiro posto non é máis que o inicio dunha carreira chea de éxitos”. Pola súa parte a concelleira de Deportes, Susana Señorís, cualificou ao patinador como “un expoñente do deporte amesán no mundo enteiro do que todo Ames se sinte orgulloso”.

Etiquetas

amesdeportespatinaxe
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación