ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

O amesán Jorge Pérez, campión galego da categoría máster 30 de ciclocrós

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de enero de 2024 a las 19:32

Compartir

 

  • Jorge Pérez, ciclista do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, vén de proclamarse campión galego da categoría máster 30 no campionato de Galicia disputado o pasado 7 de xaneiro no concello de Cambre
  • O campionato de Galicia supón o final de temporada na comunidade galega e nesta carreira decídese o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente proba chegando á liña de meta en primeira posición, o que lle valeu o título de campión galego da categoría máster 30

Jorge Pérez, ciclista do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, vén de proclamarse campión galego da categoría máster 30 no campionato de Galicia disputado o pasado 7 de xaneiro no concello de Cambre. O campionato de Galicia supón o final de temporada na comunidade galega e nesta carreira decídese o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente proba chegando á liña de meta en primeira posición, o que lle valeu o título de campión galego da categoría máster 30.

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós estivo representado no campionato de Galicia de ciclocrós, disputado no concello de Cambre, por Jorge Pérez, que competiu na categoría de máster 30. Esta foi a última proba da tempada en Galicia, unha proba cun alto nivel de esixencia na que se decidiu o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente chegando á liña de meta en primeira posición.

Dese xeito, Jorge Pérez converteuse no campión galego de ciclocrós en categoría máster 30. O segundo posto foi para Francisco Baña, do club Compostelano, e o terceiro para David Seage, do SpeedCross.

Campionato de Galicia de ciclocrós

Foi unha carreira na que o ciclista do club amesán foi de menos a máis, controlando os seus rivais mais directos para, nas últimas voltas, obter unha pequena vantaxe que lle permitiu chegar a meta en primeira posición e proclamarse campión galego da súa categoría.

Jorge Pérez explica que “sempre é un orgullo e unha satisfacción persoal lograr un título autonómico, xa que detrás de esta vitoria hai tamén moito sacrificio e esforzo semana a semana nos adestramentos que un ten que facer”. Nesta liña, destaca que “o nivel ano a ano é moito maior e, aínda que as carreiras duran 40´, son dunha intensidade moi alta onde tes que controlar múltiples variables para lograr o éxito”.

A temporada de ciclocrós para Jorge Pérez comezou no pasado mes de outubro, nas primeiras probas da copa de España da modalidade máster 30, celebradas en Xixón, As Pontes e Pontevedra. Posteriormente, comezou a súa participación na copa de Galicia en Betanzos e participou en preto de 10 probas ao logo destes meses. A copa de Galicia rematou coa proba disputada en Nigrán. Na copa de Galicia, Jorge Pérez rematou na segunda posición, despois de conseguir varios segundos postos e dúas importantes vitorias nas carreiras de Santiago e Boiro.

Campionato de España de Ciclocrós

Ademais, o ciclista amesán participou a pasada fin de semana no campionato de España de Ciclocrós, celebrados en Amurrio (Pais Vasco). Segundo explica Jorge “foi unha experiencia incrible xa que foi a miña primeira participación nestes campionatos, onde o circuíto que nos prepararon cunha distancia de 3 km fixo sacar o mellor de cada corredor.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Unha carreira na que partía con boas sensacións puiden rodar entre os 10 primeiros case ata a última volta onde perdín algúns postos para rematar 11º (8º da categoría máster 30 B).

Etiquetas

amesciclocrosdeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación