ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O alcalde Anxo Arca e a subdelegada do Goberno inauguran a Padrón Game Party

• As concelleiras Laura Horta e Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño acompañaron ao rexedor e a María Rivas no percorrido polos diferentes stands
• A cita que se celebra durante todo o fin de semana combina lecer dixital, creatividade artística e compromiso social

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de mayo de 2025 a las 01:03

Compartir

Padrón. 10-5-2025.- O Concello de Padrón inaugurou este sábado 10 de maio a Padrón Game Party, un evento centrado no lecer dixital e a cultura xuvenil que se celebra durante toda a fin de semana no pavillón do Souto, con acceso libre e gratuíto. A programación inclúe actividades de videoxogos, ilustración, música e reflexión social, nun formato inclusivo e aberto a toda a veciñanza.

O acto institucional de apertura celebrouse ao mediodía e contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, e das concelleiras de Dixitalización e Novas Tecnoloxías, Laura Horta, de Turismo Chus Campos, e do concelleiro de Deportes Luis Mariño. Xuntos fixeron un amplo percorrido polo recinto compartindo experiencias e anécdotas coas persoas participantes e mesmo mercando nos stands e xogando coas propostas dispoñibles. A subdelegada felicitou ao Concello por levar a cabo esta cita cultural e de ocio na comarca e por impulsar, mediante este tipo de iniciativas, unha palanca económica e dixital “con actividades para todos os gustos e promoviendo a inclusión e a igualdade no sector gaming”.

Pola súa banda, Anxo Arca agradeceu a presencia da subdelegada María Rivas e destacou o esforzo do Concello de Padrón e do Goberno de España por fomentar eventos e espazos pensados para a xuventude que «son o presente e o futuro da nosa sociedade». Ademais, o alcalde destacou o traballo da concelleira de Dixitalización e novas tecnoloxías, Laura Horta, que «traballou arreo para conseguir que as e os xóvenes de Padrón puideran desfrutar deste evento no noso pobo».

Ao longo desta primeira xornada tiveron lugar diversas actividades destacadas, como a conferencia-demostración da profesional da caracterización Ntifta, especializada en perrucas e postizos para cine e cosplay; o obradoiro de ilustración hiperrealista con bolígrafos Bic a cargo de Belén Diz; ou o relatorio sobre TDAH e inclusión nos videoxogos a cargo da Asociación TDAH Salnés, entre outras propostas. A música tamén estivo presente coa actuación do grupo Freak GZM, que interpretou en directo versións de bandas sonoras de anime, videoxogos e cinema.

Outro dos momentos salientables da xornada foi o Concurso de Cosplay, no que un xurado profesional valorou a caracterización e posta en escena das persoas participantes. Entre as integrantes do xurado atopábanse as recoñecidas artistas Ntifta e Ayumi, esta última fundadora da marca galega Nebula Needle.

A programación continuará o domingo con novas actividades centradas na creatividade e a ilustración. Está previsto que ás 12:30 h teña lugar unha conferencia de confección con Sayumi, e ás 15:30 h, un obradoiro de cómic con Marta e Meri, creadoras do webcómic El Bertedero. A tarde completarase cun taller de creación de cartas Pokémon 3D e coa actuación musical de Yell0, compositor e produtor especializado en remixes de videoxogos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Game Party busca consolidarse como un evento de referencia para a mocidade galega, combinando tecnoloxía, formación, entretemento e valores sociais. A iniciativa está subvencionada polo Instituto de la Juventud (INJUVE) e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), no marco da convocatoria de axudas a entidades locais 2024-2025.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.