ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Novo circuíto de calistenia no paseo fluvial de Bertamiráns

 

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de abril de 2024 a las 15:42

Compartir

 

 

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o novo circuíto de calistenia conta entre outros elementos con barras paralelas, escaleira vertical para trepar e barras para desprazarse. Todos estes elementos permiten traballar a maioría dos grupos musculares, ademais de mellorar a forza muscular, aumentar o nivel de resistencia e queimar calorías”

Este circuíto de calistenia súmase ao parque biosaudable, á pista deportiva e ao parque infantil que están situados na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. Ademais, esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro

Ames, 11 de abril de 2024.- A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou esta mañá o novo circuíto de calistenia que se vén de instalar no paseo fluvial de Bertamiráns.  Na execución destas novas instalacións investíronse 39.990 euros. Esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro. A calistenia é un sistema de exercicios físicos nos que se utiliza o propio peso corporal, para fortalecer os diferentes grupos musculares.

Os parques ou circuítos de calistenia son novos espazos deportivos que permiten facer deportes ao aire libre de forma individual ou en grupo. Debido ao auxe que están tendo estas instalación o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, decidiu investir preto de 40.000 euros na instalación dun novo circuíto de calistenia no paseo fluvial de Bertamiráns.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o novo circuíto de calistenia conta entre outros elementos con barras paralelas, escaleira vertical para trepar e barras para desprazarse. Todos estes elementos permiten traballar a maioría dos grupos musculares, ademais de mellorar a forza muscular, aumentar o nivel de resistencia e queimar calorías”.

Este circuíto de calistenia súmase ao parque biosaudable, á pista deportiva e ao parque infantil que están situados na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. Ademais, esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro.

Execución do novo circuíto

En primeiro lugar levouse a cabo a adecuación do terreo. Estas actuacións realizáronse co obxectivo de deixar o terreo completamente nivelado e acondicionado para levar a cabo a soleira de formigón do novo parque. Unha vez realizada a soleira de formigón colocáronse os equipos de calistenia coas súas correspondentes ancoraxes, e procedeuse, sobre a soleira de formigón, á colocación do caucho.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Executouse unha superficie de caucho continuo de diferentes espesores segundo o requirido polo fabricante para cada un dos equipos. O caucho granulado SBR mesturouse con resina de poliuretano e repartiuse por toda a superficie da soleira de formigón xa existente. A función desta mestura é amortecer a superficie do parque fronte a posibles caídas dos/as usuarios/as.

Etiquetas

amesbertamiranscalisteniadeporteradio lider santiagosaudesociedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro
Deportes

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»