Noite crítica: a Policía Local de Santiago queda sen mandos, sen atestados e cunha dotación mínima
Na noite do pasado mércores, a Policía Local quedou sen mandos, sen equipo de atestados e cunha dotación mínima de persoal. A situación levou a que a Garda Civil de Tráfico tivera que intervir para realizar unha proba de alcoholemia, mentres que outras actuacións legais, como a comparecencia por unha menor con intoxicación etílica, simplemente non puideron realizarse.
Líder Redacción
31 de octubre de 2025 a las 13:26
Segun policías que prestaron traballaronesas quendas, durante o último servizo nocturno non se localizou a ningún mando que se fixese cargo do turno. “Intentaron localizar a algún axente para decretalo, pero non o atoparon. De telo feito, teríanno obrigado a traballar”, sinalan.
A consecuencia foi un turno sen coordinación, con só dúas patrullas operativas e a centralita.
A ausencia do equipo de atestados, encargado das dilixencias para o xulgado, obrigou a solicitar apoio externo. Foi a Garda Civil de Tráfico quen acudiu para realizar unha alcoholemia, mentres que outros procedementos como comparecencias xudiciais por casos graves non se levaron a cabo.
O día anterior, cunha menor con intoxicación etílica, nin sequera se puido realizar a comparecencia para o xulgado.
Reivindicacións laborais no fondo do problema
As mesmas fontes indican que a situación forma parte dunha carencia de efectivos e a decisión dos axentes de acollerse o seu dereito de non prestar servizos extraordinarios, para visibilizar as condicións laborais. En concreto, denuncian:
- A falta de recoñecemento das funcións da Policía Local.
- O pagamento da nocturnidade e festividade contravindo sentenzas do Tribunal Supremo .
- A negativa a realizar horas extra a un importe inferior o establecido por leí en España, a cal nunca pode ser inferior o valor da hora ordinaria.
A situación evidencia unha crise de xestión municipal que afecta directamente á seguridade cidadá. Sen mandos, sen atestados e cun persoal mermado, a Policía Local afronta noites especialmente delicadas sen medios nin respaldo. “Non importa tanto o das horas. O que queremos é q se recoñeza o establecido polo Tribunal Supremo en temas relativos a nocturnidade e a festividade, como corresponde.”



