Nieves Taboada, a persoa máis lonxeva de Silleda, cumpre 106 anos
• A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira Ángela Troitiño acudiron a felicitala á residencia da Ponte
Líder Redacción
25 de octubre de 2024 a las 02:11
Silleda. 25-10-2024.- A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, visitaron hoxe a residencia de maiores da Ponte para felicita a Nieves Esther Taboada Estévez polo seu 106
aniversario.
Nieves Taboada, veciña de Siador, é a persoa máis lonxeva de Silleda, razón pola cal foi escollida para amadriñar o ano pasado a inauguración da nova casa consistorial.
Ademais, o municipio silledense ten que lle agradecer a cesión de terreos para construír os depósitos de auga no Marco, que dan servizo a esta parroquia e a seis máis.
É así mesmo a primeira protagonista de (In)visibles, a campaña coa que o Concello de Silleda está recoñecendo durante este ano a traxectoria de doce mulleres do municipio, unha por mes.
Nieves, que chegou a centenaria vivindo soa no seu domicilio, celebrou hoxe o seu aniversario na residencia dando mostras dunha saúde de ferro e moi bo ánimo. Parabéns!