ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Nace a Plataforma STOP PLANTA DE RESIDUOS CACHEIRAS – Aldeas Limpas!

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de marzo de 2026 a las 21:30

Compartir
  • Ten como obxectivo defender a saúde, a terra e a calidade de vida da veciñanza de Cacheiras

Teo, sábado 21 de marzo de 2026. A Plataforma STOP PLANTA DE RESIDUOS CACHEIRAS – Aldeas Limpas! ven de constituirse na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo. Esta Plataforma xorde como resposta á preocupación crecente da veciñanza ante o proxecto da empresa Excavaciones Midón S.L., que pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de construción e demolición (cascallos) nos terreos que posúe no municipio de Teo, entre as aldeas de Feros e A Torre, na parroquia de Cacheiras.

En rolda de prensa de presentación da Plataforma, esta mañá, precisamente a carón dos terreos onde pretende instalarse este centro de residuos, veciñas e veciños da contorna manifestaron a súa profunda inquietude polas consecuencias que esta instalación pode ter para o medio ambiente, a saúde das persoas e, en definitiva, para as súas vidas. A localización prevista sitúase moi próxima a vivendas e espazos de uso comunitario, incluíndo zonas habitadas, centros educativos, centros sociosanitarios e áreas recreativas, o que podería provocar unha deterioración significativa da calidade de vida.

Entre as principais afectacións previstas destacan “a emisión de po e partículas contaminantes derivadas do procesado de residuos, que poden afectar á calidade do aire e provocar problemas respiratorios; os malos cheiros; e a xeración de ruído constante debido á maquinaria pesada, alterando o descanso e a tranquilidade das aldeas”, manifestan desde a Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras Aldeas Limpas!

Ademais, denuncian, este tipo de instalacións implicaría “un tráfico continuo de camións de gran tonelaxe, co conseguinte aumento da contaminación, deterioro das estradas locais e maior risco para peóns e veciñanza”.

Tamén existe unha fonda preocupación polos posibles impactos ambientais, como a contaminación de solos, o risco para acuíferos e augas subterráneas, e a alteración do equilibrio natural da zona. A isto súmase o feito de que, segundo denuncian, “plantas deste tipo adoitan atraer residuos procedentes de lugares afastados, convertendo o territorio nun punto receptor de cascallos sen beneficios claros para a comunidade local”.

A Plataforma está formada por veciñas e veciños directamente afectados das aldeas de Feros, A Torre, Raxó, así como de toda Cacheiras, que queren seguir vivindo con tranquilidade nas súas casas e nun entorno saudable.

Desde a Plataforma denuncian tamén a falta de información e transparencia por parte do Concello de Teo, que, en palabras de membros da Plataforma, “non informou adecuadamente á veciñanza nin facilitou a súa participación no proceso de exposición pública do informe de impacto ambiental”. Consideran que proxectos con posibles impactos ambientais e sociais non deben avanzar sen diálogo nin participación cidadá. En todo caso, desde a Plataforma defenden que “este tipo de instalacións industriais deberían situarse en zonas especificamente preparadas para tal fin, como polígonos industriais, e non no medio das aldeas”.

Coa súa creación, a Plataforma comprométese a mobilizar á cidadanía e a reclamar ás administracións competentes que non autoricen a instalación desta planta de residuos no medio das casas. Para iso, impulsará accións informativas, mobilizacións e todas aquelas iniciativas necesarias para facer escoitar a voz da veciñanza.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.