ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Muíños reclámalle a Sanmartín que rectifique a zona ORA en Santa Marta

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de marzo de 2024 a las 22:34

Compartir

 

 

  • Cun vídeo desde o aparcadoiro do CHUS ás 7:30 da mañá denunciou que moitas persoas que deixaban os seus coches nas rúas afectadas pola zona azul agora os estacionan no parking estando “xa cheo” antes de que comecen as consultas
  • Cuestiona tamén a actitude da Xunta e reclámalle que “asuma as súas competencias e financie un aparcadoiro que usan 450 mil galegas e galegos”

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024. Gonzalo Muíños púxose didáctico este mércores para denunciar como a chegada da zona ORA ás rúas de Santa Marta está provocando que moitas veciñas e veciños opten por aparcar o seu coche no aparcadoiro do Hospital Clínico, estando este cheo “antes, incluso, do comezo das consultas”.

Ás 7:30 da mañá o portavoz dos socialistas amosou a través dun vídeo compartido polas redes sociais do partido a situación do parking do CHUS xa a esa hora. Explica que, coa zona azul en funcionamento na Avenida de Barcelona, Av. de Bilbao, a rúa Antonio Rama ou Manuel Caeiro “algunhas persoas que deixaban alí os seus coches, agora os traen aquí, dificultando máis aínda que as persoas usuarias do hospital poidan empregar este parking”.

Gonzalo Muíños insiste en que, o efecto que polo de agora está provocando a medida impulsada polo goberno local é que sexa “máis difícil se cabe” estacionar no propio aparcadoiro do Clínico: “isto, sumado aos traballadores que non teñen unha solución de transporte colectivo por parte do SERGAS e ás persoas e estudantes que xa deixaban aquí o seu vehículo durante toda a semana, ten este resultado”.

“Que rectifique”

Muíños insiste en reclamarlle ao goberno local que rectifique esta medida e “volva á senda do diálogo”. Lembra que a zona ORA no barrio foi impulsada polo goberno sen previo diálogo coa veciñanza, “cando anunciaron esta medida, a asociación de veciños tiña pendente unha reunión coa alcaldesa desde novembro”; polo que lle pide ao executivo de Sanmartín que “se sente cos veciños e consensúe unha solución realmente efectiva”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O portavoz socialista insiste ademais en reclamarlle á Xunta “que asuma as súas competencias” e financie un aparcadoiro “que usarían 450 mil galegas e galegos dos que só 98 mil son composteláns”.

Etiquetas

aparcamentocomposteladenunciaorapsoeradio lider santiagosanta martasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»