ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarca

Mondra ofrecerá un concerto na Estrada na antesala das Letras Galegas e a Festa do Salmón

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de marzo de 2026 a las 15:19

Compartir
  • O artista chegará á Estrada o sábado 16 de maio, da man do Plan +Música da Deputación de Pontevedra.

A Estrada, 26 de marzo de 2026.- O Concello da Estrada desvelou hoxe a primeira das actividades culturais que se inclúen na gran carpa que quedará instalada na Praza da Constitución entre a Festa do Salmón e a Feira da Sidra. Da man do plan +Música da Deputación de Pontevedra -a cuxa presentación acudiu este mércores a concelleira de Cultura, Lucía Seoane-, o artista Mondra encargarase de ofrecer un concerto programado na antesala da celebración das Letras Galegas, que este ano coincide coa principal festa gastronómica estradense.

O artista, cantareiro e bailador actuará, pois, o sábado 16 de maio aos pés do consistorio estradense, na véspera da Festa do Salmón. Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país e visitará a capital estradense despois de ofrecer o seu primeiro concerto no municipio o pasado ano, no marco do festival Folk de Raíz de Callobre.

Co seu álbum debut, titulado “Ardēn” (Altafonte, 2023), Mondra acadou o recoñecemento unánime de público e crítica. No mes de maio de 2025 lanza o seu segundo traballo discográfico, “De Ronda” (Altafonte, 2025), un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, da man de Hevi (Laboratorio Soyuz).

Entre os anos 2023 e 2024, o artista realizou máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa “Folīa das Ardentes”, moi aclamada polo público. Da mesma maneira, en 2025, “A Ronda” seguiu enchendo os escenarios cun espectáculo no que a música, o corpo e a escena dialogan coa tradición para resignificala desde o presente. A xira 2026 da “Ronda” levará o espectáculo de Mondra de novo por toda a xeografía galega e do resto do Estado.

No haber de recoñecementos, Mondra foi distinguido con múltiples galardóns, entre eles o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 por “Ardēn”, o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra” ou o Premio aRi[t]mar á Mellor Música do 2024 na Galiza polo seu tema “Quererse ben”.

Aínda que a programación neste gran catalizador e dinamizador da programación cultural a pé de rúa que será a carpa de gran formato coa que A Estrada volverá a contar entre o Salmón e Sidra arrancará xa o venres 15 de maio, a actuación de Mondra ten un significado moi especial por seren a antesala para a emblemática Festa do Salmón e a conmemoración das Letras Galegas. A hora de arranque da actuación está pendente de confirmar.

“Queremos agradecer á Deputación de Pontevedra que, un ano máis, a través do seu plan +Música, nos conceda a oportunidade de contar cunha actuación de gran nivel para que a nosa veciñanza e visitantes poidan gozar en datas tan emblemáticas como estas, nas que buscamos que a programación cultural sexa especialmente coidada e atraente para todos os públicos”, sinalou Lucía Seoane.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Esta carpa demostrou o ano pasado o seu potencial para converterse nun espazo que funciona como punto de encontro, que crea ambiente e que contribúe a facer comunidade a pé de rúa”, sinalou a concelleira de Cultura. Coa previsión de que incremente a súa dimensión, quedará instalada na Praza da Constitución entre o 15 de maio e o 7 de xuño, con catro fins de semana completos de actividades.

Etiquetas

a estradaconcertomondramusica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas