ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Moitos disfraces na II San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos e Ainhoa Reboiras

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de diciembre de 2025 a las 12:10

Compartir
  • Na proba participaron máis de 150 atletas de todas as idades
  • Os premios aos mellores disfraces de grupo foron para ‘Ferrero Rocher’ e ‘Papá Noel cos seus renos’, na categoría de maiores; e para as ‘Uvas de fin de ano’ na infantil
  • ‘Mamá Noel’ e o ‘Pitufo voador’ gañaron os premios na categoría individual

O Pino. 28-12-2025.- Moitos disfraces e un grande ambiente na segunda edición da San Silvestre do Pino, que gañaron Iago Mateos Calviño e Ainhoa Rebores Bustelo na categoría absoluta. Máis de 150 atletas participaron nas diferentes categorías desta proba organizada este sábado, 27 de decembro, polo Concello en colaboración co Club Atletismo O Pino.

O público gozou vendo os disfraces de moitas das persoas participantes de todas as idades. Un grupo de dez atletas do C.A. Tambre achegáronse caracterizados dos bombóns Ferrero Rocher, que lles serviu para gañar o primeiro premio. Despois dunha difícil deliberación o xurado decidiu concederlle o segundo galardón nesta categoría ao Papá Noel que percorreu os catro quilómetros da proba absoluta acompañado por sete renos.

O mellor grupo na categoría infantil foi para as Uvas de fin de ano, mentres que no concurso individual o Pitufo voador gañou na categoría de maiores e a súa filla, disfrazada de Mamá Noel, levou o primeiro premio na infantil.

Ademais do aplauso do público, cada unha das persoas gañadoras no concurso de disfraces recibiron como agasallo un vale cun 20% de desconto para unha comida no restaurante Sabugueira Madalena, de Castrofeito.

Despois de disputarse as probas das categorías escolares, na que todos os participantes levaron unha medalla como recordo, celebrouse aproba absoluta, cun percorrido de catro quilómetros. Iago Mateos Calviñ foi o primeiro en cruzar a liña de meta, seguido de Mauro Fuentes e Matías Cao Blanco. Entre as mulleres, as máis rápidas foron Ainhoa Reboiras Bustelo, Noa López Novo e Margarita González García, as tres do Atletismo Obradoiro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ao rematar, todas as persoas participantes degustaron un chocolate con churros. Entregaron os premios o alcalde, Manuel Taboada; e os integrantes do equipo de goberno Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes.

Etiquetas

o pinosan silvestre
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago