ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

“Moita propaganda e pouca xestión”: Guinarte critica o novo modelo de comedor

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de marzo de 2026 a las 15:40

Compartir
  • Guinarte lembra que a comisión foi convocada de urxencia o 29 de decembro e que, dous meses despois, segue sen aparecer ningún informe nin proposta alternativa sobre o novo modelo.
  • Os socialistas acusan ao executivo de Sanmartín de improvisación e propaganda mentres as familias seguen sen certezas sobre o futuro do servizo.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou a falta total de avances e de información pública sobre o novo modelo de xestión do servizo municipal de comedor escolar anunciado polo Goberno municipal a finais do pasado ano.

Guinarte lembrou que o 29 de decembro se celebrou “a comisión constitutiva da Comisión de Estudo para determinar a fórmula máis sustentable e eficiente de xestionar o servizo”, unha convocatoria que se xustificou pola urxencia porque, segundo afirmara a propia concelleira Miriam Louzao, os informes “estaban practicamente listos” e “non se podía demorar nin un só día máis a constitución da comisión”.

“Pois ben: hoxe, máis de dous meses despois, non sabemos absolutamente nada. Nin informes, nin propostas, nin modelo alternativo. Silencio total”, afirmou o voceiro socialista, cuestionando o contraste entre a urxencia anunciada e a ausencia de resultados.

Segundo explicou, o único que se coñece a día de hoxe é “o que o propio goberno recoñeceu: que vai sacar unha nova licitación”. Ademais, lembrou que o pasado 2 de febreiro o Concello “contratou unha empresa externa para elaborar o prego de prescricións técnicas e o informe de valoración desa licitación”.

“E entón, onde está ese suposto modelo revolucionario de comedores do que tanto falaron? Onde está o cambio na xestión? Onde están os informes que estaban ‘practicamente listos’ o 29 de decembro?”, preguntou Guinarte, poñendo en dúbida a existencia real dese modelo alternativo.

Para o Grupo Municipal Socialista, esta situación evidencia “unha vez máis, improvisación, falta de planificación e moita propaganda, pero pouca xestión real”, xa que se anunciou unha urxencia que logo non se traduciu en ningún documento nin proposta concreta.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para finalizar, Guinarte advertiu de que “as familias precisan certezas, planificación e responsabilidade” e non “un goberno que anuncia urxencias e logo deixa pasar os meses sen dar resultados”, insistindo en que o servizo de comedor escolar non pode estar sometido a anuncios sen concreción.

Etiquetas

comedores escolarespoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago