ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia Líder

Mesa redonda sobre a prostitución dentro da campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades’

 

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de marzo de 2024 a las 19:29

Compartir

 

 

A tenda Naf Naf acollerá o próximo mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña «12 comercios, 12 sensibilidades», impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.

A mesa redonda «A prostitución, unha realidade invisibilizada» contará coa participación da coordinadora do Programa Vagalume, Lourdes Pazo, que este martes visitaba os estudios de Radio Líder Santiago e da psicóloga Lorena Nieto. O obxectivo do debate organizado pola tenda Naf Naf Santiago, cuxa xerente María Piñeiro tamén participaba na entrevista, é reflexionar e concienciar sobre a realidade da prostitución, que moitas veces pasa desapercibida na nosa sociedade. A mesa redonda celebraráse a partir das 19.00 horas, e por mor da limitación do aforo será preciso confirmar asistencia no teléfono 696549331.

Campaña solidaria do comercio local de Santiago

A campaña «12 Comercios, 12 Sensibilidades» xurdiu da colaboración entre unha ducia de comerciantes de Santiago co obxectivo de darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias. O proxecto, co que colabora a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, tamén procura favorecer o fluxo de clientela entre os establecementos participantes, localizados en diferentes puntos de Compostela e dedicados a actividades diversas.

Cada mes do ano, a campaña está protagonizada por un comercio concreto, que se encarga de difundir o labor da entidade social que elixe a través de diferentes actividades como charlas, exposicións ou obradoiros. Neste mes de marzo, a iniciativa está protagonizada pola tenda Naf Naf, que elixiu colaborar co programa Vagalume de Cáritas. En xaneiro, a tenda online de artesanía 1aguilaatlantica.com deu a coñecer o traballo da Fundación Pictoaplicaciones; e en febreiro a xoiaría José Antonio colaborou con Solidaridad Internacional de Galicia. En abril tomará o relevo o Centro Deportivo Atmósfera, para poñer en valor o traballo da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

12 comercios 12 sensibilidadescaritascomerciocompostelanaf nafproyecto vagalumeradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Cáritas crea la empresa de inserción social Arredonda, que colaborará en la prevención de incendios
Actualidad

Cáritas crea la empresa de inserción social Arredonda, que colaborará en la prevención de incendios