ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaSociedad

Melide entra a formar parte do padroado da Fundación Vicente Risco

29/11/2023.- A concelleira de Cultura, Mayka Basalo Santín, participou xa en representación do Concello na xuntanza que mantivo o Padroado o pasado sábado, 25 de novembro.

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2023 a las 13:07

Compartir

Melide, 29 de novembro de 2023.-  O Concello de Melide vén de entrar a formar parte do Padroado da Fundación Vicente Risco. Na xuntanza deste organismo celebrada o pasado sábado, 25 de novembro, oficializouse a incorporación coa participación na mesma da concelleira de Cultura, Mayka Basalo Santín.

Esta integración vén culminar unha traxectoria de colaboración entre o Concello e a Fundación. De feito, Melide acolleu o ano pasado a entrega do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, cando se recoñeceu a obra “Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao”, de David Rodríguez.

A concelleira de Cultura valorou moi positivamente esta participación e lembrou a ligazón da figura de Vicente Risco á Terra de Melide, cuxo folclore investigou na década dos anos 30 do pasado século. “Esperamos seguir colaborando coa Fundación e participando nas súas actividades”, explicou, considerando que a Fundación Vicente Risco é “un actor cultural de primeira magnitude comprometido coa lingua e cultura galegas”.

A Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz, naceu co obxectivo de preservar o legado material e cultural do polígrafo ourensán, unha figura fundamental no estudo da cultura galega e no desenvolvemento do galeguismo de preguerra.

Etiquetas

fundacionmelidevicente risco
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide
Destacado

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide
Comarca

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”
Actualidad

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre
Comarca

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre