ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Mary Quintero xa é Filla Predilecta do Concello de Melide

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de abril de 2025 a las 00:04

Compartir
  • A fotógrafa, pioneira do sector en Galicia, pechou cunhas palabras o acto institucional e doou dúas pezas ao Concello para a súa exhibición permanente. Un nutrido grupo de veciños e representantes de toda a vila e do mundo da fotografía encheron o Salón de Plenos.

A fotógrafa Mary Quintero foi recoñecida esta tarde como Filla Predilecta do Concello de Melide, nun emotivo acto que tivo lugar no Salón de Plenos da casa consistorial. Melide homenaxea así a traxectoria de Quintero, pioneira da fotografía en Galicia, ademais dunha das primeiras mulleres en incorporarse a este campo técnico e artístico.

O acto de distinción, onde estiveron representadas as distintas asociacións e entidades locais, así como representantes do sector da fotografía, xunto cun nutrido grupo de veciños, comezou coa lectura do acordo plenario polo cal, unanimemente, se acordou o nomeamento. A continuación, tomou a palabra a concelleira de Cultura, Ana Mosteiro, quen repasou e salientou os aspectos máis salientables da vida e a traxectoria artística e profesional de Mary Quintero, nada en Melide en 1931. Posteriormente, o alcalde, José Manuel Pérez Penas, fixo entrega do documento acreditativo e da insignia do Concello á homenaxeada, quen tamén recibiu un ramo de flores de mans da edil de Cultura.

Pechou o acto a propia Mary Quintero, visiblemente emocionada, cunhas palabras nunha xornada tan especial. A homenaxeada quixo compartir con toda a veciñanza un anaco da súa obra, polo cal doou dous cadros da súa autoría ao Concello de Melide. Ambas pezas quedarán expostas permanentemente no salón plenario.

Posteriormente, tivo lugar un ágape na entrada do Concello co que se puxo fin a unha cerimonia moi emotiva.

Como salientou o alcalde durante a súa intervención, con este nomeamento Melide salda unha débeda cunha das súas veciñas ilustres. Mary Quintero viviu os primeiros anos da súa vida en Melide, no estudio fotográfico de seus pais, Aurelio García Quinteiro e Amadora Corredoira García, na ronda da Coruña. Tras varios anos en Lugo, onde realizou a súa primeira mostra fotográfica, abriu un estudio en Vigo que estivo en funcionamento durante case medio século.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pioneira técnica e artística no mundo da fotografía, Quintero conta con numerosas distincións, entre as que salienta o premio como Mellor Fotógrafa de España en 1981 e a Medalla de Bronce de Galicia de 2002. A estes recoñecementos súmase, en diante, o da vila que a viu nacer.

Etiquetas

filla predilectamelide
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide
Destacado

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide
Comarca

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”
Actualidad

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre
Comarca

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre