ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

María Toro Trío e Kin García Quinteto protagonizaron a sétima edición do Ames Jazz

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de julio de 2024 a las 19:21

Compartir

Bertamiráns acolleu esta fin de semana a sétima edición do Ames Jazz, unha iniciativa que combinou diversas propostas musicais durante as noites do venres 5 e o sábado 6. O festival estivo protagonizado por María Toro Trío e Kin García Quinteto. Ademais, proxectouse o documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e impartiuse o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”. Nesta edición máis de 350 persoas participaron nas diversas actividades do festival que, o alcalde de concelleiro de Cultura, Blas García, espera que siga medrando edición tras edición e poida chegar a converterse no evento punteiro a nivel galego de jazz: “Este concello está comprometido co proxecto, ano a ano o Ames Jazz vai atraendo a máis xente e xa está asentado como un evento fixo para os fanáticos deste xénero musical” explica o rexedor.

O Pazo da Peregrina volveu ser o escenario do Ames Jazz os días 5 e 6 de xullo. O festival celebrou a súa sétima edición repetindo formato. Por terceira vez na súa historia tivo unha duración de dous días, o venres 5 e o sábado 6 de xullo, e contou, ademais de cos habituais concertos, coa proxección dun documental e cun faladoiro, relacionados co xénero musical do jazz.

A programación comezou o venres 5, ás 22.00 horas, co concerto de María Toro Trío, integrado pola frautista e compositora María Toro, e polos músicos Guillermo Barrón e Adrián Alvarado. Ofreceron un concerto baseado na música flamenca que incorpora a profusión do jazz e doutras músicas populares.

Faladoiro e documental sobre jazz

Por outra banda, xa na segunda xornada, a do sábado 6, houbo diversas actividades ao longo do día. Ás 12.00 horas impartiuse o faladoiro “Dende Galicia para o mundo”. O coloquio, que se celebrou no pub O Transistor, situado en Bertamiráns, contou coa participación de Adrián Besada, Aitana Cuétara e Xacobe Martínez Antelo.

Xa pola tarde, ás 20.00 horas, proxectouse o documental catalán: “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band”, na sala de exposicións do Pazo da Peregrina. Trátase dunha peza do director Ramón Tort protagonizada pola Sant Andreu Jazz Band. Esta orquestra, dirixida por Joan Chamorro, reúne a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos arredor dun repertorio de jazz clásico que enche os auditorios máis importantes do país. O filme é unha viaxe da man do director da orquestra, que somerxe ao espectador nun método de ensinanza tan singular como os resultados que xera.

Kin García Quinteto

O festival pechouse o sábado, ás 22.00 horas, co concerto de Kin García Quinteto. O contrabaixista que lle dá nome ao grupo, natural de Noia, é un dos músicos máis representativos do jazz galego e da world-music, cunha longa traxectoria nacional e internacional que no ano 2009 o levou a estar prenominado aos premios Grammy polo seu disco “Atlantic Bridge”. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de jazz, coa súa carreira persoal como intérprete.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na súa extensa traxectoria ten traballado con unha longa lista de artistas internacionais, achegándose a moitos estilos diversos (jazz, folk, músicas do mundo….). No Ames Jazz presentou o seu último proxecto a quinteto, acompañándose de catro grandes músicos como son Antía Muíño na voz, Xosé Miguélez no saxo, Jacobo de Miguel no piano e Noly Torres na batería.

Etiquetas

amesames jazzculturaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego