ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Máis dun milleiro de persoas desfrutaron en Ames do VII certame Cinema Miúdo

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2024 a las 15:01

Compartir
  • En total, entre o 14 e o 17 de novembro, Cinema Miúdo contou con máis de mil asistentes, dos que 450 foron público escolar de primaria e secundaria
  • Ademais de gozar das proxeccións, os asistentes puideron participar en talleres de fotografía analóxica, asistir a actuacións musicais e descubrir as orixes do cinema en seccións especiais dedicadas aos pioneiros da animación e a comedia
  • Os premios do xurado estiveron dotados con 500 € e os do público con 200 €, ademais da correspondente estatuíña, obra do artista plástico galego Pelucas

Ames, 18 de novembro de 2024.- Esa fin de semana o Concello de Ames acolleu a sétima edición de Cinema Miúdo, o certame internacional de cinema para público infantil que volveu a sorprender ao público transportando a nenos e nenas de todas as idades a unha viaxe máxica pola historia do cinema. Cunha programación cargada de novidades, o festival consolidou a súa posición como un dos referentes do cinema infantil en Galicia e España. Ademais de gozar das proxeccións, os asistentes puideron participar en talleres de fotografía analóxica, asistir a actuacións musicais e descubrir as orixes do cinema en seccións especiais dedicadas aos pioneiros da animación e a comedia. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do festival.

En total, entre o 14 e o 17 de novembro, Cinema Miúdo contou con máis de mil asistentes, dos que 450 foron público escolar de primaria e secundaria. Ao longo de toda a fin de semana o festival demostrou ser un evento fundamental para fomentar o amor polo cinema nos máis pequenos. Con cada edición, este vento medra e consolídase, creando un espazo para compartir emocións e experiencias co cinema como catalizador da creatividade, a diversión e o pensamento.

Palmarés do festival

Na gala de clausura, celebrada o domingo ás 18:30h no Auditorio do Milladoiro, déronse a coñecer os filmes gañadores desta sétima edición e os asistentes puideron desfrutar do concerto interactivo e cinematográfico de Caspervek. Este dúo vigués interpretou coñecidas bandassonoras coa axúda dos miúdos e miúdas presentes e púxolle música en directo a “Unha semana”, unha divertida comedia física de Buster Keaton.

Os premios do xurado estiveron dotados con 500 € e os do público con 200 €, ademais da correspondente estatuíña, obra do artista plástico galego Pelucas. O xurado estivo composto por tres profesionais do sector: o ilustrador de cómics e director de animación, gañador dun Premio Goya, Martín Romero; a directora e animadora portuguesa de filmes de animación, Alexandra Ramires; e o director da editorial infantil OQO, Xoán Couto.

A película francesa “Nube” alzouse co premio do xurado na categoría Axóuxeres (menores de 7 anos), cativando ao público coa súa delicada animación e a súa emotiva historia sobre a familia. Esta coprodución franco-mexicana-húngara transpórtanos a un mundo onírico onde as nubes senten e experimentan. A historia de Noma, unha nube branca e esponxosa que loita por salvar á súa filla dun destino tráxico, convídanos a reflexionar sobre a fraxilidade da vida e a importancia da familia. Nesta mesma categoría, A Panadería de Boris recibiu unha mención especial pola súa creatividade e orixinalidade.

“As Catúsicas da noite” foi recoñecida tamén polo xurado como a mellor curtametraxe na categoría Buxainas (maiores de 7 anos). O filme francés, que puido verse por primeira vez en toda España en Cinema Miúdo, transpórtanos a unha máxica e inquietante aventura nocturnana que un neno curioso adéntrase no bosque e descobre un mundo oculto, habitado por misteriosas criaturas. A atmosfera escura e poética, combinada coa animación artesanal, crea unha experiencia única que cautivou a xurado e asistentes.

O público tamén emitiu o seu veredicto. As votacións foron recollidas mediante un aplausómetro, que mediu a cantidande e duración dos aplausos tras cada curta proxectada. A máis aplaudida da categoría Axóuxeres foi “Ahru”, animación arxentina sobre un gardián do deserto. Por outra banda, o público elixiu mediante os seus aplausos a curta “O misterio dos calcetíns desaparecidos” como a favorita na categoría Buxainas, unha peza de animación de Estonia que transporta ao público a un mundo de cor no que obxectos esquecidos cobran vida e importancia. Os escolares tamén decidiron mediante aplausos á súa favorita, que foi “As regras do xogo”, de Christian Zetterberg.

Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que naceu no concello de Ames en 2017. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo. O seu obxectivo desde 2017 é formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

Deste xeito, propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. Algo de especial relevancia para o Concello de Ames, que ten a maior ratio de nenos e nenas de toda Galicia.

Foron catro días de programación pensada para brindar ás nenas e nenos galegas e galegos a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo a través do cinema.

Nas anteriores edicións de Cinema Miúdo, o público gozou de sesións con filmes de Galicia, Francia, Corea, India, Afganistán, Marrocos ou Estados Unidos ademáis de sesións específicas para escolares, mesas redondas para a comunidade educativa, obradoiros, e sesións musicais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A produtora Abella estivo detrás da programación e produción desta sexta edición. A empresa galega traballou en varias das edicións e asumiu a xestión integral do evento o ano pasado, no que aplica a súa experiencia á fronte doutros festivais de cine como o Galician Freaky Film Festival ou o Primavera do Cine.

Etiquetas

amescinema miudo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación